1 00:00:02,000 --> 00:00:07,000 Downloaded from YTS.MX 2 00:00:08,000 --> 00:00:13,000 Official YIFY movies site: YTS.MX 3 00:00:24,666 --> 00:00:29,625 Os seguintes telefilmes producíronse e rodáronse integramente no Reino Unido 4 00:00:29,750 --> 00:00:32,583 para Channel 7 entre 1978 e 1981. 5 00:00:32,708 --> 00:00:36,458 Non se volveron exhibir dende a súa emisión inicial. 6 00:00:43,708 --> 00:00:44,541 Si. 7 00:00:45,625 --> 00:00:48,750 Aquí estamos, na cabana onde escribo. 8 00:00:50,000 --> 00:00:52,833 Levo 30 anos nesta cabana. 9 00:00:53,750 --> 00:00:55,958 É importante, antes de comezar, 10 00:00:56,041 --> 00:00:59,375 asegurarse de que estea todo o que me vai facer falta. 11 00:01:01,083 --> 00:01:02,625 Tabaco, claro. 12 00:01:03,333 --> 00:01:05,208 Café, bombóns. 13 00:01:07,458 --> 00:01:10,958 Sempre teño que ter un lapis afiado antes de comezar. 14 00:01:12,916 --> 00:01:16,500 Teño seis lapis, e logo gústame limpar o caderno. 15 00:01:18,666 --> 00:01:20,291 Miren cantas migas de goma. 16 00:01:21,833 --> 00:01:22,666 Xa está. 17 00:01:25,000 --> 00:01:26,875 E logo empézase. 18 00:01:30,208 --> 00:01:33,750 Normalmente hai que facer algunhas correccións. 19 00:01:36,458 --> 00:01:37,291 Si. 20 00:01:42,250 --> 00:01:43,166 A ver… 21 00:01:47,250 --> 00:01:51,041 Henry Sugar tiña 41 anos, era solteiro e rico. 22 00:01:51,666 --> 00:01:54,625 Era rico porque seu pai, que xa morrera, era rico. 23 00:01:54,708 --> 00:01:58,791 E solteiro porque era moi egoísta para compartir os cartos coa muller. 24 00:01:58,875 --> 00:02:03,291 Medía 1,90 e igual non era tan guapo como a el lle parecía. 25 00:02:03,375 --> 00:02:05,958 Prestáballe moita atención á roupa. 26 00:02:06,041 --> 00:02:08,250 Facía os traxes nunha xastraría cara, 27 00:02:08,333 --> 00:02:11,666 as camisas nunha camisaría e os zapatos nunha zapataría. 28 00:02:11,750 --> 00:02:14,583 O barbeiro recortáballe o pelo cada dez días 29 00:02:14,666 --> 00:02:17,458 e sempre lle facían a manicura ao mesmo tempo. 30 00:02:17,541 --> 00:02:19,041 Tiña un Ferrari, 31 00:02:19,125 --> 00:02:22,083 que lle custara case tanto coma unha casa de campo. 32 00:02:23,291 --> 00:02:27,000 Todos os seus amigos eran ricos e el na vida pegara pau. 33 00:02:28,041 --> 00:02:32,625 Os homes coma Henry Sugar andan á deriva polo mundo coma as algas. 34 00:02:32,708 --> 00:02:36,375 Non son especialmente malos, pero tampouco son bos homes. 35 00:02:37,500 --> 00:02:39,458 Forman parte do decorado. 36 00:02:41,416 --> 00:02:43,625 Todos os ricos coma Henry 37 00:02:43,708 --> 00:02:47,958 teñen unha peculiaridade común: un terrible desexo de seren máis ricos. 38 00:02:48,833 --> 00:02:51,791 Dez millóns nunca chegan a nada, e 20 tampouco. 39 00:02:51,875 --> 00:02:54,708 Teñen un desexo insaciable de máis cartos 40 00:02:54,791 --> 00:02:58,250 e terror a espertar un día e non topar nada no banco. 41 00:02:58,333 --> 00:03:01,541 Usan varios métodos para aumentar a súa fortuna. 42 00:03:01,625 --> 00:03:04,333 Uns mercan accións e miran como soben e baixan. 43 00:03:04,416 --> 00:03:09,333 Outros mercan terra, arte ou diamantes. Ou apostan no casino ou aos cabalos. 44 00:03:09,416 --> 00:03:11,458 E outros apostan ao que sexa. 45 00:03:11,541 --> 00:03:15,541 Henry Sugar era un deles, e non lle torcía o bico a trampear. 46 00:03:16,500 --> 00:03:21,166 Unha fin de semana de verán, Henry foi ver a Sir William W. ao campo. 47 00:03:21,250 --> 00:03:23,583 A casa era espléndida, tamén o xardín. 48 00:03:23,666 --> 00:03:27,041 Pero cando Henry chegou aquel sábado, estaba arroiando. 49 00:03:27,125 --> 00:03:30,541 O anfitrión e os outros convidados pasaron a tarde xogando, 50 00:03:30,625 --> 00:03:34,250 mentres Henry miraba como petaba a choiva na ventá. 51 00:03:34,791 --> 00:03:37,375 Henry saíu do salón e foi cara ao vestíbulo. 52 00:03:38,250 --> 00:03:42,375 Paseou pola casa sen rumbo e finalmente entrou na biblioteca. 53 00:03:45,458 --> 00:03:49,125 O pai de William coleccionaba libros e as paredes da biblioteca 54 00:03:49,208 --> 00:03:52,375 estaban cubertas de libros anticuados e encadernados. 55 00:03:52,458 --> 00:03:53,791 Non lle interesaban. 56 00:03:53,875 --> 00:03:57,291 Só lía novela policial e negra, e alí non había diso. 57 00:03:57,375 --> 00:03:58,333 Xa ía marchar 58 00:03:58,416 --> 00:04:01,916 cando os seus ollos se pousaron en algo diferente. 59 00:04:02,000 --> 00:04:06,125 Era delgadiño, non o vería se non destacase entre os outros libros. 60 00:04:06,625 --> 00:04:07,958 Colleuno do estante. 61 00:04:08,458 --> 00:04:12,291 Era só un libro de exercicios dos que usan os nenos na escola. 62 00:04:12,375 --> 00:04:14,708 A cuberta era azul, sen nada escrito. 63 00:04:14,791 --> 00:04:18,750 A primeira páxina, escrita á man con letra negra e clara, dicía: 64 00:04:18,833 --> 00:04:21,625 INFORME SOBRE IMDAD KHAN O HOME QUE VE SEN OLLOS 65 00:04:21,708 --> 00:04:25,416 Que estraño! Que raro! Que é isto? 66 00:04:26,291 --> 00:04:29,375 Acomodouse nunha poltrona e comezou polo principio. 67 00:04:29,875 --> 00:04:32,875 Isto é o que Henry leu no caderno de exercicios. 68 00:04:38,083 --> 00:04:42,000 Son Z. Z. Chatterjee, xefe de cirurxía do Hospital de Calcuta. 69 00:04:42,083 --> 00:04:46,291 O 2 de decembro de 1935, estaba na sala de descanso tomando un té. 70 00:04:46,375 --> 00:04:50,000 Estaban outros tres doutores: Marshall, Mitra e Macfarlane. 71 00:04:50,083 --> 00:04:51,500 Chamaron á porta. 72 00:04:51,583 --> 00:04:52,750 "Adiante", dixen. 73 00:04:54,541 --> 00:04:57,375 Desculpen, señores. Pódolles pedir un favor? 74 00:04:57,958 --> 00:04:59,500 Este cuarto é privado. 75 00:04:59,583 --> 00:05:01,750 Xa sei. Perdón por entrar así, 76 00:05:01,833 --> 00:05:04,875 pero teño algo interesante para mostrarlles. 77 00:05:04,958 --> 00:05:07,208 Estabamos enfadados e non contestamos. 78 00:05:08,250 --> 00:05:12,375 Señores, eu vexo sen usar os ollos. 79 00:05:13,375 --> 00:05:14,666 Pequeno, uns 60 anos, 80 00:05:14,750 --> 00:05:18,375 bigote branco, saíalle un mato de pelo negro polas orellas. 81 00:05:18,458 --> 00:05:21,291 Aínda que me venden a cabeza con 50 vendas, 82 00:05:21,375 --> 00:05:23,208 podo lerlles un libro igual. 83 00:05:23,708 --> 00:05:27,291 Parecía dicilo en serio. A min picoume a curiosidade. 84 00:05:27,375 --> 00:05:28,333 Pase, por favor. 85 00:05:35,166 --> 00:05:39,458 - Cantos dedos mostra o doutor Marshall? - Sete. 86 00:05:39,541 --> 00:05:40,833 - E agora? - Nove. 87 00:05:40,916 --> 00:05:42,250 - Agora? - Tres. 88 00:05:42,333 --> 00:05:43,750 - Agora? - Tres de novo. 89 00:05:43,833 --> 00:05:44,666 E agora? 90 00:05:45,333 --> 00:05:46,250 Ningún. 91 00:05:48,583 --> 00:05:49,708 Cal é o truco? 92 00:05:49,791 --> 00:05:53,333 Non ten truco. Aprendín a facelo tras anos de adestramento. 93 00:05:53,416 --> 00:05:54,708 Que adestramento? 94 00:05:54,791 --> 00:05:57,208 Desculpe, pero iso é asunto privado. 95 00:05:58,208 --> 00:05:59,291 Que quería, entón? 96 00:05:59,375 --> 00:06:02,416 Son dun teatro ambulante. Chegamos hoxe a Calcuta. 97 00:06:02,500 --> 00:06:05,875 Á noite estreámonos no Royal Palace Hall. 98 00:06:05,958 --> 00:06:07,333 A min preséntanme como: 99 00:06:07,416 --> 00:06:09,708 Imdad Khan, o home que ve sen ollos. 100 00:06:09,791 --> 00:06:13,250 Cando a compañía chega a unha cidade, vou a un hospital 101 00:06:13,333 --> 00:06:16,791 e pídolles aos médicos que me venden os ollos a conciencia. 102 00:06:16,875 --> 00:06:19,125 É importante que o fagan doutores 103 00:06:19,208 --> 00:06:21,208 para que non se pense que trampeo. 104 00:06:21,291 --> 00:06:24,041 Logo saio á rúa e fago algo perigoso. 105 00:06:24,125 --> 00:06:25,541 Mirei os outros tres. 106 00:06:25,625 --> 00:06:28,750 Mitra e Macfarlane tiñan que atender os pacientes. 107 00:06:28,833 --> 00:06:31,541 - Marshall dixo… - Por que non? Fagámolo ben. 108 00:06:31,625 --> 00:06:33,708 Asegurémonos de que non vexa nada. 109 00:06:33,791 --> 00:06:36,291 Son moi amables. Fagan o que queiran. 110 00:06:36,375 --> 00:06:40,291 Antes de vendalo, cubrímoslle os ollos con algo suave e duro. 111 00:06:40,375 --> 00:06:42,500 - Masa? - Xusto. Vai á panadaría. 112 00:06:42,583 --> 00:06:44,375 Eu voulle selar as pálpebras. 113 00:06:44,458 --> 00:06:47,000 Levei a Imdad polo corredor ao quirófano. 114 00:06:47,083 --> 00:06:48,291 Déitese aí. 115 00:06:48,375 --> 00:06:50,791 Collín un bote de colodión da lacena. 116 00:06:50,875 --> 00:06:52,916 Vou pegar as pálpebras con isto. 117 00:06:53,000 --> 00:06:54,291 E logo como o quito? 118 00:06:54,375 --> 00:06:57,833 Bótelle alcohol debaixo das pestanas para disolvelo. 119 00:06:57,916 --> 00:07:01,708 Peche os ollos mentres se pon duro. Pasaron dous minutos. 120 00:07:01,791 --> 00:07:04,166 "Abra os ollos", dixen. Non daba, claro. 121 00:07:04,250 --> 00:07:08,125 Collín a pasta do doutor Marshall e pegueilla nun ollo a Imdad. 122 00:07:08,208 --> 00:07:09,416 Enchín toda a cunca 123 00:07:09,500 --> 00:07:12,000 ata que a masa se solapou coa pel. 124 00:07:12,083 --> 00:07:13,750 Fixen o mesmo co outro ollo. 125 00:07:13,833 --> 00:07:15,625 Calquei forte nos bordes. 126 00:07:15,708 --> 00:07:18,583 - É moi incómodo? - Non, para nada. Grazas. 127 00:07:18,666 --> 00:07:20,458 "Véndao", díxenlle a Marshall. 128 00:07:20,541 --> 00:07:22,041 Teño os dedos pegañentos. 129 00:07:22,125 --> 00:07:24,833 Claro. Poñémoslle isto aquí… 130 00:07:24,916 --> 00:07:28,333 O Dr. Marshall púxolle algodón sobre a masa dos ollos. 131 00:07:28,416 --> 00:07:29,375 Quedou pegado. 132 00:07:29,458 --> 00:07:30,416 Incorpórese. 133 00:07:31,125 --> 00:07:34,416 O Dr. Marshall púxolle unha venda de 7 cm na cabeza. 134 00:07:34,500 --> 00:07:36,833 Descúbranme o nariz para respirar. 135 00:07:36,916 --> 00:07:37,833 Claro. 136 00:07:38,833 --> 00:07:41,666 Desculpe, vai quedar algo apertada. 137 00:07:44,250 --> 00:07:45,166 Que tal? 138 00:07:45,250 --> 00:07:46,250 Perfecto. 139 00:07:46,333 --> 00:07:48,708 Parece que tivo unha operación cerebral. 140 00:07:48,791 --> 00:07:49,666 Séntalle ben? 141 00:07:49,750 --> 00:07:50,833 Moi ben. 142 00:07:50,916 --> 00:07:53,916 Felicítoos polo seu meticuloso traballo, señores. 143 00:07:54,000 --> 00:07:56,583 Imdad Khan ergueuse e dirixiuse á porta. 144 00:08:04,291 --> 00:08:07,500 Manda truco! Viches iso? Puxo a man xusto no picaporte. 145 00:08:07,583 --> 00:08:08,958 Marshall deixou de rir. 146 00:08:09,541 --> 00:08:12,583 Imdad andaba normal, bastante rápido, polo corredor. 147 00:08:12,666 --> 00:08:16,000 Seguiámolo a uns cinco metros. Arrepiaba ver este home 148 00:08:16,083 --> 00:08:19,000 coa cabeza totalmente vendada andar coma se nada… 149 00:08:19,083 --> 00:08:20,208 "Viuno!", berrei. 150 00:08:20,291 --> 00:08:22,458 Viu ese carro. Isto é incrible! 151 00:08:22,958 --> 00:08:24,333 Marshall non contestou. 152 00:08:24,416 --> 00:08:26,750 Tiña a cara tesa de incredulidade. 153 00:08:27,250 --> 00:08:29,708 Imdad baixou as escaleiras sen problema. 154 00:08:29,791 --> 00:08:31,166 Nin agarrou a varanda. 155 00:08:31,250 --> 00:08:33,625 Subían varias persoas. Vexan a reacción. 156 00:08:34,875 --> 00:08:37,916 No fondo das escaleiras, virou e saíu á rúa. 157 00:08:38,791 --> 00:08:40,750 Marshall e eu seguímolo de preto. 158 00:08:41,250 --> 00:08:44,333 Abaixo, uns 100 nenos descalzos berraban e acenaban 159 00:08:44,416 --> 00:08:46,208 cara ao home da cabeza branca. 160 00:08:46,291 --> 00:08:48,500 Saudounos erguendo as dúas mans. 161 00:08:48,583 --> 00:08:51,916 Colleu unha bicicleta, subiu e fixo un oito no patio. 162 00:08:52,000 --> 00:08:54,708 Os nenos descalzos seguíano, animándoo e rindo. 163 00:08:54,791 --> 00:08:57,583 Saíu e meteuse nunha rúa con moito tráfico, 164 00:08:57,666 --> 00:09:00,541 con coches pitando e indo en todas direccións. 165 00:09:01,083 --> 00:09:02,333 Guiábaa de marabilla. 166 00:09:02,875 --> 00:09:04,333 Vímolo un minuto máis. 167 00:09:04,833 --> 00:09:06,791 Logo virou e perdémolo de vista. 168 00:09:06,875 --> 00:09:10,375 - "Non dou creto", dixo Marshall. - Non dou creto. 169 00:09:10,458 --> 00:09:11,958 "Eu tampouco", dixen. 170 00:09:12,041 --> 00:09:13,708 Acabamos de ver un milagre. 171 00:09:14,416 --> 00:09:16,875 O resto do día atendín pacientes. 172 00:09:16,958 --> 00:09:19,625 Ás seis da tarde, fun cambiarme ao piso. 173 00:09:19,708 --> 00:09:21,041 Ducheime en auga fría. 174 00:09:21,125 --> 00:09:24,500 Tomei un whisky na terraza cunha toalla na cintura. 175 00:09:24,583 --> 00:09:27,666 Ás sete menos dez, cheguei ao Royal Palace Hall. 176 00:09:27,750 --> 00:09:29,000 Durou dúas horas. 177 00:09:29,083 --> 00:09:32,750 Gustoume. O malabarista, o encantador de serpes, o tragalumes, 178 00:09:32,833 --> 00:09:35,750 o tragasabres que meteu un estoque ata o estómago. 179 00:09:35,833 --> 00:09:37,666 Con gran fanfarra de trompetas, 180 00:09:37,750 --> 00:09:40,000 Imdad Khan saíu facer o seu número. 181 00:09:40,083 --> 00:09:43,041 Chamaron espectadores para vendarlle os ollos. 182 00:09:43,125 --> 00:09:45,250 Espetou coitelos arredor dun rapaz 183 00:09:45,333 --> 00:09:47,541 e disparoulle a unha lata na cabeza. 184 00:09:47,625 --> 00:09:51,541 Logo, puxéronlle un barril metálico por riba da cabeza vendada. 185 00:09:51,625 --> 00:09:55,291 O rapaz púxolle unha agulla nunha man e un fío na outra. 186 00:09:55,375 --> 00:09:57,708 Puxéronlle unha lupa xigante diante 187 00:09:57,791 --> 00:09:59,375 e, sen dubidar, 188 00:09:59,458 --> 00:10:01,833 meteu o fío polo ollo da agulla. 189 00:10:07,208 --> 00:10:08,416 Quedei pasmado. 190 00:10:10,583 --> 00:10:13,125 No camerino, topei a Imdad sentado, 191 00:10:13,208 --> 00:10:14,625 quitando a maquillaxe. 192 00:10:14,708 --> 00:10:16,500 Ten curiosidade, doutor, non? 193 00:10:16,583 --> 00:10:17,666 "Moita", dixen. 194 00:10:17,750 --> 00:10:21,583 Chamoume a atención o mato de pelo negro que lle saía das orellas. 195 00:10:21,666 --> 00:10:23,958 Nunca vira nada semellante. 196 00:10:24,041 --> 00:10:26,583 Teño unha proposta. Non son escritor, 197 00:10:26,666 --> 00:10:30,125 pero, se me di como conseguiu o poder de ver sen ollos, 198 00:10:30,208 --> 00:10:31,833 eu anotareino fielmente 199 00:10:31,916 --> 00:10:36,208 e publicareino no British Medical Journal ou noutra revista famosa. 200 00:10:36,291 --> 00:10:38,250 Ser máis coñecido axudaríao? 201 00:10:38,333 --> 00:10:40,416 - Axudaríame moito. - Magnífico. 202 00:10:40,500 --> 00:10:43,333 Uso taquigrafía para escribir historiais médicos. 203 00:10:43,416 --> 00:10:46,500 Anotei todo o que Imdad me dixo, palabra por palabra. 204 00:10:46,583 --> 00:10:48,750 Cóntollelo tal como o contou. 205 00:10:50,041 --> 00:10:53,458 TODO O QUE ME DIXO IMDAD AQUELA TARDE (PALABRA POR PALABRA) 206 00:10:55,708 --> 00:10:58,791 Nacín no estado de Caxemira en 1873. 207 00:10:58,875 --> 00:11:01,958 Meu pai era revisor de tren. 208 00:11:02,041 --> 00:11:05,291 Un día, un mago veu actuar á nosa escola. 209 00:11:05,375 --> 00:11:06,833 Quedei abraiado. 210 00:11:06,916 --> 00:11:11,416 Ás dúas semanas, fuxín cos aforros cunha compañía de teatro ambulante. 211 00:11:11,500 --> 00:11:14,333 Iso foi no 1886, tiña eu 13 anos. 212 00:11:14,833 --> 00:11:15,916 Durante tres anos, 213 00:11:16,000 --> 00:11:18,500 viaxei coa compañía por todo o Punxab. 214 00:11:18,583 --> 00:11:21,125 Ao final, xa era a atracción principal. 215 00:11:21,208 --> 00:11:27,541 Fun aforrando cartos ata xuntar máis de 3000 rupias. 216 00:11:27,625 --> 00:11:32,958 Oín falar daquela dun iogui famoso que adquirira o poder de levitar. 217 00:11:33,041 --> 00:11:34,666 Dicíase que, cando rezaba, 218 00:11:34,750 --> 00:11:38,208 o seu corpo erguíase ata 45 centímetros do chan. 219 00:11:38,291 --> 00:11:40,250 Polo menos, un efecto tremendo. 220 00:11:41,375 --> 00:11:42,208 Bigote? 221 00:11:44,208 --> 00:11:46,208 Deixei a compañía de teatro 222 00:11:46,291 --> 00:11:49,375 e fun a unha vila na ribeira do Ganxes, 223 00:11:49,458 --> 00:11:51,375 onde dicían que vivía o iogui. 224 00:11:51,458 --> 00:11:53,833 Un día, un viaxeiro mencionou un ermitán 225 00:11:53,916 --> 00:11:57,583 que atopara preto de alí, na xungla profunda, só. 226 00:11:57,666 --> 00:11:59,000 Iso chegábame. 227 00:11:59,083 --> 00:12:01,166 Larguei alugar un carro de cabalos. 228 00:12:02,125 --> 00:12:03,791 Cando negociaba co cocheiro, 229 00:12:03,875 --> 00:12:06,375 apareceu un home que ía na mesma dirección 230 00:12:06,458 --> 00:12:08,958 e propuxo irmos xuntos, dividindo o custo. 231 00:12:09,458 --> 00:12:12,208 Vaia sortaza tiven! 232 00:12:12,291 --> 00:12:16,708 Falando co acompañante, souben que era discípulo do grande iogui 233 00:12:16,791 --> 00:12:19,541 e que precisamente ía visitar o seu mestre. 234 00:12:19,625 --> 00:12:20,500 Eu ceibei: 235 00:12:20,583 --> 00:12:23,416 "Ese é o home que eu busco. Podo coñecelo?" 236 00:12:23,500 --> 00:12:25,875 O acompañante miroume con calma. 237 00:12:26,375 --> 00:12:28,041 "Iso é imposible", dixo. 238 00:12:28,583 --> 00:12:31,750 Desde aquela, negouse a contestar as miñas preguntas. 239 00:12:31,833 --> 00:12:34,416 Pero si que souben un pequeno detalle: 240 00:12:34,500 --> 00:12:37,666 a hora do día en que o iogui comezaba a meditación. 241 00:12:37,750 --> 00:12:42,083 O acompañante acenou para deter o carro, baixou e marchou. 242 00:12:42,166 --> 00:12:44,666 Fixen que seguía, pero, tras unha curva, 243 00:12:44,750 --> 00:12:46,875 saltei e volvín polo mesmo camiño. 244 00:12:46,958 --> 00:12:49,375 O home xa desaparecera pola xungla. 245 00:12:50,083 --> 00:12:51,750 Oín renxer algo na maleza. 246 00:12:51,833 --> 00:12:54,125 Pensei: "Se non é el, é un tigre, 247 00:12:54,208 --> 00:12:56,750 que se abalanzará sobre min, esnaquizarame 248 00:12:56,833 --> 00:12:59,583 e comerame, arrancándome a carne a bocados." 249 00:13:01,000 --> 00:13:02,000 Era el. 250 00:13:04,166 --> 00:13:07,625 Non había miga de camiño por onde ía o home. 251 00:13:07,708 --> 00:13:10,000 Abría paso entre bambús altos 252 00:13:10,083 --> 00:13:11,875 e vexetación mesta e variada. 253 00:13:11,958 --> 00:13:15,875 Eu seguíao con sixilo, polo menos uns 100 metros por detrás. 254 00:13:15,958 --> 00:13:18,916 Cando o perdía de vista, que era case sempre, 255 00:13:19,000 --> 00:13:21,458 eu seguía o ruído dos seus pasos. 256 00:13:21,541 --> 00:13:24,750 Media hora durou o tenso xogo de seguir o líder. 257 00:13:24,833 --> 00:13:27,666 Logo, de súpeto, deixei de oílo. 258 00:13:27,750 --> 00:13:29,083 Parei e escoitei. 259 00:13:29,708 --> 00:13:31,583 De súpeto, a través da maleza, 260 00:13:31,666 --> 00:13:35,541 vin un claro e dúas pequenas cabanas. O corazón deume un chimpo. 261 00:13:35,625 --> 00:13:39,916 Había unha almofía ao pé da cabana, e unha alfombra para rezar. Encima, 262 00:13:40,000 --> 00:13:43,916 un gran baobab con preciosas pólas gordas e frondosas. 263 00:13:44,416 --> 00:13:46,708 Aguantei a gran calor do mediodía 264 00:13:46,791 --> 00:13:49,583 e a calor húmida e abafante da tarde, agardando. 265 00:13:49,666 --> 00:13:50,958 Preto das cinco, 266 00:13:51,041 --> 00:13:54,250 subín á árbore e agacheime entre as follas. 267 00:13:54,333 --> 00:13:58,666 Por fin, o iogui saíu da cabana e sentou coas pernas cruzadas na alfombra. 268 00:13:58,750 --> 00:14:01,250 Os seus movementos eran calmos e mainos. 269 00:14:01,333 --> 00:14:03,791 Puxo as mans nos xeonllos 270 00:14:03,875 --> 00:14:06,041 e respirou profundamente polo nariz, 271 00:14:06,125 --> 00:14:09,875 e xa vin que unha especie de resplandor se derretía sobre el. 272 00:14:09,958 --> 00:14:13,333 Durante 14 minutos, permaneceu inmóbil na mesma posición. 273 00:14:13,416 --> 00:14:17,000 Logo, vin, con toda certeza, 274 00:14:17,083 --> 00:14:19,458 o seu corpo erguerse do chan lentamente. 275 00:14:20,666 --> 00:14:24,375 30 cm, 40, 45, 50. 276 00:14:25,166 --> 00:14:26,833 60 cm por riba da alfombra. 277 00:14:27,333 --> 00:14:28,958 Na árbore, dixen para min: 278 00:14:29,041 --> 00:14:32,208 "Aí tes un home sentado no aire." 279 00:14:33,541 --> 00:14:37,458 46 minutos, polo meu reloxo, estivo suspendido o seu corpo. 280 00:14:37,541 --> 00:14:39,708 Logo baixou á terra amodo, 281 00:14:39,791 --> 00:14:42,333 ata pousar as nádegas na alfombra. 282 00:14:42,416 --> 00:14:44,916 Baixei da árbore e corrín cara a el. 283 00:14:45,000 --> 00:14:47,416 O grande iogui lavaba as mans e os pés. 284 00:14:47,500 --> 00:14:49,583 "Canto tempo levas aí?", preguntou. 285 00:14:49,666 --> 00:14:52,208 Colleu un ladrillo e tiroumo con tanta forza 286 00:14:52,291 --> 00:14:54,791 que o partiu en dous contra a miña perna. 287 00:14:54,875 --> 00:14:56,958 Aínda teño a cicatriz. Miren. 288 00:14:59,958 --> 00:15:01,708 Isto foi un golpe de sorte. 289 00:15:01,791 --> 00:15:04,916 O iogui non pode perder o control nin tirar ladrillos. 290 00:15:05,000 --> 00:15:09,250 O vello sentíase humillado, arrepentido e decepcionado consigo mesmo. 291 00:15:09,333 --> 00:15:12,625 Explicou que, aínda que non me collería de discípulo, 292 00:15:12,708 --> 00:15:15,541 ensinaríame algo informalmente 293 00:15:15,625 --> 00:15:17,625 para compensarme polo ataque, 294 00:15:17,708 --> 00:15:19,791 que eu tiña ben merecido. 295 00:15:20,291 --> 00:15:21,708 Isto foi no 1890. 296 00:15:22,208 --> 00:15:24,041 Eu tiña case 17 anos. 297 00:15:26,000 --> 00:15:28,250 Que ensinaba o grande iogui? 298 00:15:28,333 --> 00:15:29,500 Isto. 299 00:15:30,000 --> 00:15:31,458 A mente é dispersa. 300 00:15:31,541 --> 00:15:34,541 Ocúpase de miles de cousas á vez. 301 00:15:34,625 --> 00:15:37,250 Cousas que ves, que oes e que cheiras. 302 00:15:37,333 --> 00:15:40,291 Cousas que pensas e cousas que non queres pensar. 303 00:15:40,375 --> 00:15:42,250 Debes aprender a concentrarte 304 00:15:42,333 --> 00:15:46,125 en visualizar só unha cousa, nada máis. 305 00:15:46,208 --> 00:15:48,958 Esforzándote, podes concentrar a mente 306 00:15:49,041 --> 00:15:50,458 no obxecto que escollas 307 00:15:50,541 --> 00:15:52,541 durante uns tres minutos e medio. 308 00:15:52,625 --> 00:15:55,625 Isto leva uns 20 anos de intensa dedicación diaria. 309 00:15:55,708 --> 00:15:57,291 "Vinte anos!", berrei. 310 00:15:57,375 --> 00:15:59,083 Vinte anos ou máis. 311 00:15:59,166 --> 00:16:01,875 É o que leva normalmente, se é que o dás feito. 312 00:16:01,958 --> 00:16:03,541 Daquela xa serei vello! 313 00:16:03,625 --> 00:16:06,583 Depende. A algúns lévalles dez, a outros 30. 314 00:16:06,666 --> 00:16:09,333 En contadas ocasións, vén algunha persoa 315 00:16:09,416 --> 00:16:14,250 que adquire o poder nun ano ou dous, pero é un entre un millón, non ti. 316 00:16:14,333 --> 00:16:16,625 Tan difícil é concentrar a mente…? 317 00:16:16,708 --> 00:16:21,166 Case imposible. Inténtao, xa verás. Pecha os ollos e pensa en algo. 318 00:16:21,250 --> 00:16:24,416 Pensa só nun obxecto. Visualízao, veo diante de ti. 319 00:16:24,500 --> 00:16:26,541 Nuns segundos, a mente dispérsase. 320 00:16:26,625 --> 00:16:29,208 Coaranse outros pensamentos. É moi difícil. 321 00:16:29,708 --> 00:16:31,625 Así falou o grande sabio iogui. 322 00:16:33,791 --> 00:16:36,083 Entón, comecei os exercicios. 323 00:16:37,166 --> 00:16:38,458 Á noite, sentaba, 324 00:16:38,541 --> 00:16:41,916 pechaba os ollos e visualizaba a persoa que máis quería, 325 00:16:42,000 --> 00:16:45,416 que era meu irmán máis vello, que morreu aos dez anos. 326 00:16:45,500 --> 00:16:49,208 Concentrábame na súa cara, pero, se se me dispersaba a mente, 327 00:16:49,291 --> 00:16:52,166 paraba o exercicio, descansaba uns minutos 328 00:16:52,250 --> 00:16:53,541 e volvíao intentar. 329 00:16:53,625 --> 00:16:58,208 Practicando diariamente cinco anos, dábame concentrado só na cara de meu irmán 330 00:16:58,291 --> 00:16:59,875 durante un minuto e medio. 331 00:16:59,958 --> 00:17:01,166 Ía mellorando. 332 00:17:04,791 --> 00:17:05,625 Mentres tanto, 333 00:17:05,708 --> 00:17:08,833 comecei a gañar cartos facendo prestidixitación. 334 00:17:08,916 --> 00:17:11,041 Dánseme ben os xogos de man, 335 00:17:11,125 --> 00:17:13,708 pero nunca deixei de facer os exercicios. 336 00:17:13,791 --> 00:17:17,583 Á noite, onde estivese, sentaba nun curruncho tranquilo 337 00:17:17,666 --> 00:17:20,333 e concentraba a mente na cara de meu irmán. 338 00:17:20,416 --> 00:17:23,583 Ás veces, acendía unha candea e miraba a chama. 339 00:17:23,666 --> 00:17:27,166 A chama dunha candea, como saben, ten tres partes distintas: 340 00:17:27,250 --> 00:17:29,541 o amarelo na cima, o malva abaixo, 341 00:17:29,625 --> 00:17:30,916 e o negro dentro. 342 00:17:31,000 --> 00:17:33,833 Poñía a candea a 40 cm da cara, 343 00:17:33,916 --> 00:17:35,458 xusto á altura dos ollos, 344 00:17:35,541 --> 00:17:40,041 para non mover nin un músculo do ollo ao erguer ou baixar a vista. 345 00:17:40,125 --> 00:17:44,125 Miraba a parte negra do centro ata desaparecer o que tiña arredor. 346 00:17:44,208 --> 00:17:48,000 Logo, pechaba os ollos e concentrábame na cara de meu irmán. 347 00:17:49,000 --> 00:17:53,750 En 1907, aos 34 anos, podíame concentrar tres minutos 348 00:17:53,833 --> 00:17:56,125 sen dispersárseme a mente en absoluto. 349 00:17:56,208 --> 00:17:59,458 Daquela decateime de que tiña a capacidade, 350 00:17:59,541 --> 00:18:01,291 era só unha rara intuición, 351 00:18:01,375 --> 00:18:04,625 de que, pechando os ollos e mirando con atención algo, 352 00:18:04,708 --> 00:18:08,583 moi intensamente, podía ver o contorno do obxecto que miraba. 353 00:18:08,666 --> 00:18:10,583 Pensei no que me dixera o iogui: 354 00:18:10,666 --> 00:18:14,125 "Hai relixiosos que se concentran tan intensamente 355 00:18:14,208 --> 00:18:16,500 que poden ver sen usar os ollos." 356 00:18:17,166 --> 00:18:21,500 Todas as noites, tras facer os exercicios coa chama da candea, 357 00:18:21,583 --> 00:18:26,875 tomaba un té, vendaba os ollos, sentaba na cadeira e tentaba ver sen os ollos. 358 00:18:26,958 --> 00:18:29,125 Comecei cunha baralla de cartas. 359 00:18:29,208 --> 00:18:31,333 Estudábaas por detrás e adiviñábaas. 360 00:18:31,416 --> 00:18:33,666 Acertaba o 60 % das veces. 361 00:18:33,750 --> 00:18:35,958 Logo, merquei mapas e cartas náuticas 362 00:18:36,041 --> 00:18:37,750 e colgueinas no meu cuarto. 363 00:18:37,833 --> 00:18:42,083 Pasaba horas mirándoas cos ollos vendados, tentando ler a letra pequena. 364 00:18:42,166 --> 00:18:46,291 Todas as noites, durante oito anos, seguín exercitándome nisto. 365 00:18:46,375 --> 00:18:48,916 En 1915, podía ler un libro enteiro, 366 00:18:49,000 --> 00:18:51,083 de cabo a rabo, cos ollos vendados. 367 00:18:51,166 --> 00:18:52,291 Conseguírao! 368 00:18:52,375 --> 00:18:54,291 Por fin, tiña ese poder. 369 00:18:55,875 --> 00:18:58,583 Empecei a facelo nas miñas actuacións. 370 00:18:58,666 --> 00:19:01,791 Á xente gustáballe, pero ninguén cría que fose certo. 371 00:19:01,875 --> 00:19:05,333 Ata os doutores, que me vendaban os ollos a conciencia, 372 00:19:05,416 --> 00:19:08,041 se negan a crer que se poida ver sen ollos. 373 00:19:08,583 --> 00:19:11,708 Esquecen outros xeitos de enviar imaxes ao cerebro. 374 00:19:11,791 --> 00:19:13,208 Imdad Khan calou. 375 00:19:13,291 --> 00:19:14,208 Estaba canso. 376 00:19:14,291 --> 00:19:15,791 "Que xeitos?", preguntei. 377 00:19:17,833 --> 00:19:19,416 A verdade é que non sei. 378 00:19:21,083 --> 00:19:23,625 A visión faina outra parte do corpo. 379 00:19:24,125 --> 00:19:25,041 Que parte? 380 00:19:35,166 --> 00:19:36,666 Aquel día non fun á cama. 381 00:19:36,750 --> 00:19:39,833 Este home obrigaría os científicos a facer piruetas. 382 00:19:39,916 --> 00:19:41,916 Debe ser o home vivo máis valioso. 383 00:19:42,000 --> 00:19:45,625 Tiña que atopar por que medio, biolóxico, químico ou máxico, 384 00:19:45,708 --> 00:19:48,416 podía enviarse a imaxe ao cerebro sen os ollos. 385 00:19:48,500 --> 00:19:51,833 Os cegos poderían ver, os xordos oír. Quen sabe que máis? 386 00:19:51,916 --> 00:19:54,541 "Este home non se pode ignorar", pensei. 387 00:19:54,625 --> 00:19:58,333 Comecei a transcribir todo o que Imdad me dixera aquela noite. 388 00:19:58,416 --> 00:20:00,333 Escribín cinco horas seguidas. 389 00:20:03,250 --> 00:20:06,750 Ás oito da mañá seguinte rematei a parte máis importante: 390 00:20:06,833 --> 00:20:08,083 as páxinas que leron. 391 00:20:08,166 --> 00:20:13,416 Non vin o Dr. Marshall ata a hora do té. Díxenlle o que puiden en dez minutos. 392 00:20:13,500 --> 00:20:15,916 Hoxe ao teatro. Non o podemos perder. 393 00:20:16,000 --> 00:20:17,291 Vou contigo. 394 00:20:17,375 --> 00:20:22,125 Ás 6:45, fomos ao Royal Palace Hall. Aparquei o coche e fomos a pé ao teatro. 395 00:20:22,625 --> 00:20:24,250 "Algo non cadra", dixen. 396 00:20:24,333 --> 00:20:26,875 Non había ninguén fóra, as portas pechadas. 397 00:20:26,958 --> 00:20:30,666 O cartel do show estaba alí, pero alguén escribira por riba: 398 00:20:30,750 --> 00:20:32,833 "Cancélase a actuación de hoxe." 399 00:20:33,958 --> 00:20:37,208 Pregunteille a un porteiro vello: "¿Que pasou?" 400 00:20:37,291 --> 00:20:39,416 - Morreu alguén. - Quen? 401 00:20:39,500 --> 00:20:40,958 Eu xa o sabía. 402 00:20:41,041 --> 00:20:43,125 O home que ve sen os ollos. 403 00:20:43,708 --> 00:20:44,833 "Como?", berrei. 404 00:20:45,333 --> 00:20:47,416 Foi durmir e non espertou máis. 405 00:20:48,291 --> 00:20:49,416 Cousas que pasan. 406 00:20:52,750 --> 00:20:54,416 Volvemos amodo para o coche. 407 00:20:59,291 --> 00:21:01,500 Sentín unha enorme tristura e rabia. 408 00:21:01,583 --> 00:21:05,500 Non debín perdelo de vista, debinlle dar cama e coidados. 409 00:21:05,583 --> 00:21:07,125 Imdad Khan facía milagres. 410 00:21:07,208 --> 00:21:11,333 Comunicábase con forzas misteriosas fóra do alcance da xente normal. 411 00:21:11,416 --> 00:21:12,625 Agora estaba morto. 412 00:21:13,208 --> 00:21:14,833 "Acabouse", dixo Marshall. 413 00:21:15,625 --> 00:21:16,541 Acabouse. 414 00:21:17,625 --> 00:21:18,625 "Si", dixen eu. 415 00:21:19,833 --> 00:21:20,750 Acabouse. 416 00:21:25,708 --> 00:21:30,500 Esta é unha crónica verdadeira e fiel das miñas dúas reunións con Imdad Khan. 417 00:21:33,458 --> 00:21:34,625 Vaia, vaia! 418 00:21:35,708 --> 00:21:37,791 Isto é moi interesante. 419 00:21:39,291 --> 00:21:41,541 Este dato é fantástico. 420 00:21:42,958 --> 00:21:44,458 Poderíame cambiar a vida. 421 00:22:04,125 --> 00:22:06,541 O dato a que se refería Henry 422 00:22:06,625 --> 00:22:10,333 era que Imdad Khan aprendera a identificar as cartas 423 00:22:10,416 --> 00:22:11,833 mirándoas polo dorso. 424 00:22:11,916 --> 00:22:14,583 Sendo, como se dixo, un xogador trampón, 425 00:22:14,666 --> 00:22:17,666 Henry decatouse de que podía gañar unha fortuna. 426 00:22:18,666 --> 00:22:20,500 Baixou ao cuarto do mordomo 427 00:22:20,583 --> 00:22:23,291 e pediu unha candea, un candeeiro e unha regra. 428 00:22:23,375 --> 00:22:26,916 Foi ao seu cuarto, pechou porta e persianas e apagou a luz. 429 00:22:27,000 --> 00:22:29,791 Puxo a candea no toucador e colleu unha cadeira. 430 00:22:29,875 --> 00:22:33,083 Viu que os ollos lle quedaban xusto á altura da mecha. 431 00:22:33,666 --> 00:22:37,000 Coa regra, colocou a cara a 40 cm da candea, 432 00:22:37,083 --> 00:22:38,625 como se indica no libro. 433 00:22:38,708 --> 00:22:42,125 Imdad Khan visualizaba a cara da persoa que máis quería, 434 00:22:42,208 --> 00:22:44,666 que, no seu caso, era o seu finado irmán. 435 00:22:44,750 --> 00:22:46,458 Henry non tiña irmáns. 436 00:22:47,125 --> 00:22:50,041 Entón, decidiu visualizar a súa propia cara. 437 00:22:56,750 --> 00:22:59,875 Cando Henry miraba a zona negra do centro da chama, 438 00:22:59,958 --> 00:23:01,583 pasou algo extraordinario. 439 00:23:01,666 --> 00:23:04,791 A mente quedoulle en branco, o cerebro inmóbil, 440 00:23:04,875 --> 00:23:08,083 e, de súpeto, sentiu que o seu corpo estaba encerrado, 441 00:23:08,166 --> 00:23:09,000 comodamente, 442 00:23:09,083 --> 00:23:11,708 naquela pequena zona negra desa nada ardente. 443 00:23:12,333 --> 00:23:14,500 Certo que só durou 15 segundos. 444 00:23:14,583 --> 00:23:16,791 Logo, estivese onde estivese, 445 00:23:16,875 --> 00:23:20,291 esforzouse por practicar coa candea cinco veces ao día. 446 00:23:20,375 --> 00:23:24,583 Por primeira vez, púxose a facer algo con entusiasmo 447 00:23:24,666 --> 00:23:26,583 e fixo progresos considerables. 448 00:23:27,166 --> 00:23:28,166 Tras seis meses, 449 00:23:28,250 --> 00:23:31,625 concentrábase na imaxe da súa cara durante tres minutos 450 00:23:31,708 --> 00:23:34,125 sen que lle pasase pola cabeza nada máis. 451 00:23:34,625 --> 00:23:36,166 "Son eu", pensaba Henry. 452 00:23:36,250 --> 00:23:40,791 Son un entre un millón coa capacidade de adquirir poderes de ioga moi rápido. 453 00:23:41,375 --> 00:23:44,375 Ao cabo dun ano, pasaba de cinco minutos e medio. 454 00:23:45,333 --> 00:23:46,458 Xa chegara a hora. 455 00:23:50,583 --> 00:23:52,958 Salón de Henry en Londres. Medianoite. 456 00:23:53,041 --> 00:23:57,125 Treme de emoción cando, por primeira vez, coloca a baralla boca abaixo 457 00:23:57,208 --> 00:23:59,125 e concéntrase na primeira carta. 458 00:23:59,208 --> 00:24:02,875 O único que ve é o deseño de liñas finas e vermellas do dorso, 459 00:24:02,958 --> 00:24:05,750 quizais o deseño de cartas máis común do mundo. 460 00:24:05,833 --> 00:24:09,375 Agora concéntrase no outro lado da carta. 461 00:24:09,458 --> 00:24:13,541 Concéntrase intensamente na cara invisible do outro lado da carta. 462 00:24:13,625 --> 00:24:16,625 Pasan trinta segundos. Un minuto, dous, tres. 463 00:24:16,708 --> 00:24:17,916 Non move un músculo. 464 00:24:18,000 --> 00:24:20,500 A súa concentración é absoluta. 465 00:24:20,583 --> 00:24:22,500 Visualiza o reverso da carta. 466 00:24:22,583 --> 00:24:25,250 Ningún outro pensamento lle pode vir á cabeza. 467 00:24:25,333 --> 00:24:27,375 No cuarto minuto, ocorre algo. 468 00:24:27,458 --> 00:24:29,333 De xeito máxico, pero claro, 469 00:24:29,416 --> 00:24:33,250 unha mancha negra vólvese unha pica, un garabato vólvese un cinco. 470 00:24:33,333 --> 00:24:34,416 O cinco de picas. 471 00:24:34,916 --> 00:24:38,000 Cos dedos tremendo, colle a carta e dálle a volta. 472 00:24:39,166 --> 00:24:40,291 "Conseguino", dixo. 473 00:24:41,416 --> 00:24:45,083 Henry obsesiónase. Só sae da casa para mercar comida e bebida. 474 00:24:45,583 --> 00:24:49,583 Pasa o día, e ás veces a noite, enriba das cartas co cronómetro, 475 00:24:49,666 --> 00:24:51,875 reducindo o tempo, segundo a segundo. 476 00:24:51,958 --> 00:24:54,791 Nun mes, minuto e medio. Seis meses, 20 segundos. 477 00:24:54,875 --> 00:24:56,708 Sete meses máis, dez segundos. 478 00:24:56,791 --> 00:24:58,000 O obxectivo é cinco. 479 00:24:58,083 --> 00:25:00,708 Se non dá visto a carta en cinco segundos, 480 00:25:00,791 --> 00:25:02,750 non terá éxito nos casinos. 481 00:25:03,250 --> 00:25:06,500 Canto máis se achega, máis difícil é acadar o obxectivo. 482 00:25:07,083 --> 00:25:11,166 En catro semanas pasa de dez a nove segundos. En cinco de nove a oito. 483 00:25:11,250 --> 00:25:15,375 Non lle importa traballar duro. Fai doce horas seguidas sen problema. 484 00:25:15,458 --> 00:25:17,791 Sabe que ao final o conseguirá. 485 00:25:17,875 --> 00:25:20,375 Os últimos dous segundos lévanlle 11 meses. 486 00:25:20,458 --> 00:25:22,041 Pero un sábado á tarde… 487 00:25:29,750 --> 00:25:33,583 Cinco segundos. Pasa toda a baralla, cronometrando cada carta. 488 00:25:33,666 --> 00:25:37,458 Cinco segundos, cinco segundos, cinco segundos. 489 00:25:38,541 --> 00:25:40,708 Canto tempo lle levou acadalo? 490 00:25:41,666 --> 00:25:44,208 Tres anos e tres meses de esforzo constante. 491 00:25:46,208 --> 00:25:48,666 Había máis de 100 casinos en Londres. 492 00:25:48,750 --> 00:25:51,833 Henry era socio de dez. Lord's House era o favorito. 493 00:25:53,041 --> 00:25:55,875 O mellor do país, nunha gran mansión xeorxiana. 494 00:25:55,958 --> 00:25:56,916 Boas, Sr. Sugar. 495 00:25:57,000 --> 00:25:59,916 …dixo o home cuxo traballo era non esquecer caras. 496 00:26:00,000 --> 00:26:03,125 Subiu pola marabillosa escaleira ata a caixa. 497 00:26:03,208 --> 00:26:05,416 Fixo un cheque de 10 000 libras. 498 00:26:05,500 --> 00:26:09,500 Mulleres gordas rodeaban a ruleta, coma galiñas arredor do comedeiro. 499 00:26:09,583 --> 00:26:12,583 Homes con puro e cara encarnada contaban as fichas, 500 00:26:12,666 --> 00:26:14,500 con ollos brillantes de cobiza. 501 00:26:15,541 --> 00:26:16,375 Raro. 502 00:26:16,458 --> 00:26:20,416 Por primeira vez, Henry mirou con desagrado esa horrible xente rica. 503 00:26:20,916 --> 00:26:25,125 Henry buscou unha cadeira libre nunha mesa de blackjack. 504 00:26:25,208 --> 00:26:27,916 O croupier colleu a placa e meteuna nun burato. 505 00:26:28,416 --> 00:26:31,458 Era noveiro, de ollos negros e pel pálida. 506 00:26:31,541 --> 00:26:33,791 Non sorría e só falaba o necesario. 507 00:26:33,875 --> 00:26:36,583 Tiña mans delgadas e aritmética nos dedos. 508 00:26:36,666 --> 00:26:40,083 Colleu unha manda de fichas de 25 libras e púxoas na mesa. 509 00:26:40,166 --> 00:26:42,791 Non as contou. Eses dedos non se trabucaban. 510 00:26:42,875 --> 00:26:44,250 Púxoas fronte a Henry. 511 00:26:44,333 --> 00:26:45,708 Ao colocar as fichas, 512 00:26:45,791 --> 00:26:47,875 mirou a primeira carta da baralla. 513 00:26:47,958 --> 00:26:51,375 En cinco segundos viu un dez. Puxo oito fichas, 200 libras, 514 00:26:51,458 --> 00:26:53,583 o máximo permitido en Lord's House. 515 00:26:53,666 --> 00:26:56,083 Saíulle o dez. A segunda era un nove. 516 00:26:56,166 --> 00:26:57,333 Dezanove en total. 517 00:26:57,416 --> 00:26:58,458 Con 19, plantas. 518 00:26:58,541 --> 00:27:02,083 Paras e agardas que a banca non teña 20 ou 21. Clarísimo. 519 00:27:02,166 --> 00:27:04,791 - Ao chegar a Henry, o croupier dixo… - 19. 520 00:27:04,875 --> 00:27:07,333 Pasou ao seguinte. "Espere", dixo Henry. 521 00:27:07,416 --> 00:27:08,958 O croupier volveu a Henry. 522 00:27:09,041 --> 00:27:11,333 Ergueu as cellas e mirouno. 523 00:27:11,416 --> 00:27:13,583 - Pide carta con 19? - …preguntou. 524 00:27:13,666 --> 00:27:17,208 Só había dúas cartas coas que non se pasaría, o as e o dous. 525 00:27:17,291 --> 00:27:21,250 Só un parvo se arriscaría a pedir carta con 19, con 200 libras alí. 526 00:27:21,333 --> 00:27:24,375 Víase o revés da seguinte. O croupier non a tocara. 527 00:27:24,458 --> 00:27:27,833 "Si, outra carta", dixo Henry. O croupier deulla. 528 00:27:27,916 --> 00:27:31,083 O dous de trevos aterrou á beira do dez e o nove. 529 00:27:31,166 --> 00:27:32,708 - 21. - …dixo o croupier. 530 00:27:32,791 --> 00:27:34,750 Mirou a cara de Henry 531 00:27:34,833 --> 00:27:37,583 e detívose nela, calado, atento, abraiado. 532 00:27:38,750 --> 00:27:42,208 Henry descolocárao. Case ninguén pide carta con 19. 533 00:27:42,291 --> 00:27:46,500 El fíxoo cunha tranquilidade e unha seguridade abraiantes, e gañou. 534 00:27:47,083 --> 00:27:50,166 Mirou o croupier e decatouse de que se trabucara. 535 00:27:50,250 --> 00:27:52,208 Chamara a atención. "Desculpe." 536 00:27:52,708 --> 00:27:54,000 Iso nunca máis. 537 00:27:54,083 --> 00:27:57,125 Ten que ter tino, e mesmo deixarse perder ás veces. 538 00:27:57,208 --> 00:27:58,458 A partida seguiu. 539 00:27:58,541 --> 00:28:02,583 Tiña tanta vantaxe que lle custaba gañar só unha cantidade razoable. 540 00:28:02,666 --> 00:28:05,416 Nunha hora, gañara 30 000 libras. Aí parou. 541 00:28:05,500 --> 00:28:07,250 Podería ben ser un millón. 542 00:28:07,958 --> 00:28:08,791 Grazas. 543 00:28:09,291 --> 00:28:11,541 Henry agora era capaz de facer cartos 544 00:28:11,625 --> 00:28:14,250 máis rápido ca ninguén no mundo enteiro. 545 00:28:16,791 --> 00:28:17,625 Interesante. 546 00:28:22,166 --> 00:28:24,333 Se esta historia fose inventada, 547 00:28:24,416 --> 00:28:28,583 cumpriría inventar un final emocionante e con sorpresa. 548 00:28:28,666 --> 00:28:30,250 Algo dramático e inusual. 549 00:28:30,333 --> 00:28:33,416 Por exemplo, Henry podía ir contar o diñeiro á casa. 550 00:28:33,500 --> 00:28:36,333 Mentres o conta, podía de súpeto sentirse mal. 551 00:28:36,416 --> 00:28:37,875 Dóelle o peito. 552 00:28:38,958 --> 00:28:41,333 Decide ir para a cama e quita a roupa. 553 00:28:41,416 --> 00:28:43,250 Vai espido coller o pixama. 554 00:28:43,333 --> 00:28:46,541 Pasa por diante do espello de corpo enteiro e para. 555 00:28:46,625 --> 00:28:49,541 Polo costume, empeza a concentrarse. 556 00:28:49,625 --> 00:28:51,916 De súpeto, ve a través da súa pel. 557 00:28:52,000 --> 00:28:54,458 Coma os raios X, pero mellor. Ve todo. 558 00:28:54,541 --> 00:28:56,666 Arterias, veas, o sangue. 559 00:28:56,750 --> 00:28:59,416 Fígado, riles, intestinos. Ve bater o corazón. 560 00:28:59,916 --> 00:29:01,708 Mira onde lle doe no peito 561 00:29:01,791 --> 00:29:05,958 e ve un vulto na vea grande que vai ao corazón no lado dereito. 562 00:29:06,041 --> 00:29:09,000 Un coágulo de sangue. Ao primeiro, parece parado. 563 00:29:09,083 --> 00:29:12,166 Logo móvese, pero moi pouco, só un milímetro. 564 00:29:12,250 --> 00:29:14,708 O sangue empuxa por detrás e pasa, 565 00:29:14,791 --> 00:29:16,083 e o coágulo móvese. 566 00:29:16,166 --> 00:29:19,166 Avanza un centímetro. Henry mira, horrorizado. 567 00:29:19,250 --> 00:29:22,666 Sabe que un coágulo grande solto circulando pola vea 568 00:29:22,750 --> 00:29:24,125 chegará ao corazón. 569 00:29:24,208 --> 00:29:25,250 Vai morrer. 570 00:29:25,750 --> 00:29:29,416 Non é mal final de ficción, pero isto non é ficción, é real. 571 00:29:29,500 --> 00:29:32,333 O que non é certo é o nome, non era Henry Sugar. 572 00:29:32,416 --> 00:29:35,333 O seu nome había que protexelo, e aínda hai. 573 00:29:35,833 --> 00:29:37,875 Á parte diso, é un feito real. 574 00:29:37,958 --> 00:29:40,833 Como é real, o final ten que ser certo. 575 00:29:41,333 --> 00:29:42,583 Isto é o que pasou. 576 00:29:46,958 --> 00:29:49,875 Henry paseou unha hora. A noite estaba agradable, 577 00:29:49,958 --> 00:29:51,625 a cidade seguía esperta. 578 00:29:51,708 --> 00:29:54,625 Notaba o feixe de billetes no peto da chaqueta. 579 00:29:55,125 --> 00:29:56,500 Púxolle a man encima. 580 00:29:56,583 --> 00:30:00,708 Moitos cartos por unha hora de traballo. Pero estaba perplexo. 581 00:30:01,208 --> 00:30:04,583 Non entendía por que non estaba máis contento polo éxito. 582 00:30:04,666 --> 00:30:09,041 Se isto pasase hai tres anos, antes do ioga, tolearía de contento. 583 00:30:09,125 --> 00:30:11,666 Iría correndo celebralo a un local nocturno. 584 00:30:11,750 --> 00:30:13,416 Henry non estaba ledo. 585 00:30:13,916 --> 00:30:15,083 Estaba triste. 586 00:30:15,166 --> 00:30:17,916 Sempre que apostaba, estaba seguro de gañar. 587 00:30:18,000 --> 00:30:20,666 Non había emoción, suspense nin perigo. 588 00:30:21,166 --> 00:30:24,083 Sabía que podía viaxar polo mundo facendo millóns. 589 00:30:24,166 --> 00:30:25,791 Pero sería divertido? 590 00:30:25,875 --> 00:30:30,333 Ademais, ¿non era posible que a adquisición dos poderes do ioga 591 00:30:30,416 --> 00:30:33,416 cambiase totalmente a súa actitude ante a vida? 592 00:30:34,041 --> 00:30:35,041 Era posible. 593 00:30:35,750 --> 00:30:38,541 Ao día seguinte, Henry espertou tarde, ergueuse, 594 00:30:38,625 --> 00:30:41,916 viu o enorme feixe de billetes no toucador e… 595 00:30:42,416 --> 00:30:43,458 rexeitouno. 596 00:31:07,500 --> 00:31:08,333 Eh? 597 00:31:08,416 --> 00:31:11,875 Bos días, señor. É para vostede, é un presente. 598 00:31:11,958 --> 00:31:12,791 Pero… 599 00:31:14,000 --> 00:31:14,833 Un que? 600 00:31:15,625 --> 00:31:16,958 Métao no peto. 601 00:31:18,458 --> 00:31:19,291 Vale. 602 00:31:28,208 --> 00:31:29,250 Que é? 603 00:31:29,333 --> 00:31:31,041 - Son cartos. - Cóllanos. 604 00:31:37,583 --> 00:31:38,416 Ei! 605 00:31:41,875 --> 00:31:42,833 Veña… 606 00:32:17,541 --> 00:32:18,708 Soou o timbre. 607 00:32:18,791 --> 00:32:20,625 Que demo fai? 608 00:32:20,708 --> 00:32:23,000 Perdón, estaba repartindo cartos. 609 00:32:23,083 --> 00:32:24,500 Armou un disturbio. 610 00:32:24,583 --> 00:32:28,000 Tirei cartos. Perdón. Non o fago máis. Axiña marcharán. 611 00:32:28,083 --> 00:32:31,000 O policía sacou un billete de 50 libras. 612 00:32:31,083 --> 00:32:34,333 - Ah, colleu un. - É unha proba. De onde vén o diñeiro? 613 00:32:34,416 --> 00:32:37,166 Gañeino no casino. Tiven moitísima sorte. 614 00:32:37,250 --> 00:32:40,083 Henry deu o nome do casino e o policía anotouno. 615 00:32:40,166 --> 00:32:41,333 Compróbeo. É certo. 616 00:32:41,416 --> 00:32:43,250 Non me importa. 617 00:32:43,333 --> 00:32:44,958 - Ai, non? - En absoluto. 618 00:32:45,041 --> 00:32:46,583 De feito, creo o que di, 619 00:32:46,666 --> 00:32:49,541 pero non xustifica o que fixo para nada. 620 00:32:49,625 --> 00:32:51,958 Non fixen nada ilegal, non? 621 00:32:52,833 --> 00:32:53,750 Ilegal? 622 00:32:54,458 --> 00:32:55,583 Vostede é parvo! 623 00:32:56,333 --> 00:32:59,708 Se ten a sorte de gañar tal cantidade de diñeiro 624 00:32:59,791 --> 00:33:02,750 e quere regalalo, non pode guindalo pola ventá. 625 00:33:02,833 --> 00:33:07,125 Mándeo a onde sexa útil. A un hospital ou un orfanato. 626 00:33:07,208 --> 00:33:12,375 Hai hospitais e orfanatos que non teñen para mercar regalos de Nadal. 627 00:33:12,458 --> 00:33:14,208 Vén o babeco este, 628 00:33:14,291 --> 00:33:16,666 que non sabe o que é a necesidade, 629 00:33:16,750 --> 00:33:19,250 e guinda os cartos á rúa. 630 00:33:19,750 --> 00:33:22,666 Baixou as escaleiras con estrondo e marchou. 631 00:33:22,750 --> 00:33:23,875 Henry non se moveu. 632 00:33:23,958 --> 00:33:26,416 As verbas do policía, e o seu enfado, 633 00:33:26,500 --> 00:33:27,750 doéronlle moito. 634 00:33:27,833 --> 00:33:29,083 Estaba avergoñado. 635 00:33:29,583 --> 00:33:30,708 Sentíase fatal. 636 00:33:36,916 --> 00:33:38,000 Logo, de súpeto, 637 00:33:38,083 --> 00:33:41,541 Henry notou unha forte sacudida eléctrica por todo o corpo 638 00:33:41,625 --> 00:33:45,333 e ocorréuselle unha magnífica idea que cambiaría todo. 639 00:33:45,416 --> 00:33:49,666 Comezou a pasear, pensando nas cousas que farían posible a súa idea. 640 00:33:50,166 --> 00:33:52,333 Un. Vou gañar moitos cartos 641 00:33:52,416 --> 00:33:54,791 cada día da miña vida de aquí en diante. 642 00:33:55,500 --> 00:33:59,375 Dous. Só irei ao mesmo casino unha vez cada seis meses. 643 00:33:59,458 --> 00:34:02,000 Tres. Non farei demasiados cartos nun día. 644 00:34:02,083 --> 00:34:04,291 50 000 libras por noite como máximo. 645 00:34:04,375 --> 00:34:08,166 Catro. 50 000 libras por noite, por 365 días ao ano, 646 00:34:08,250 --> 00:34:10,916 son 18,25 millóns de libras. 647 00:34:11,000 --> 00:34:14,833 Cinco. Hai que moverse. Tres noites como moito na mesma cidade. 648 00:34:14,916 --> 00:34:17,458 Londres, Montecarlo, Cannes, Biarritz, Deauville, 649 00:34:17,541 --> 00:34:20,208 As Vegas, Cidade de México, Bos Aires, Nassau. 650 00:34:20,291 --> 00:34:24,416 Seis. Collo os cartos e monto hospitais e orfanatos en todo o mundo. 651 00:34:24,500 --> 00:34:26,791 Como soño, soa demasiado sentimental, 652 00:34:26,875 --> 00:34:29,083 pero na realidade pode funcionar. 653 00:34:29,166 --> 00:34:33,208 Non creo que sexa sentimental. Sería formidable e marabilloso. 654 00:34:33,291 --> 00:34:36,875 Sete. Necesito un socio que recolla o diñeiro 655 00:34:36,958 --> 00:34:38,541 e o mande a onde cumpra. 656 00:34:38,625 --> 00:34:41,583 Alguén en quen eu poida confiar cegamente. 657 00:34:42,083 --> 00:34:45,041 John Winston era o contable de Henry, e de seu pai. 658 00:34:45,125 --> 00:34:47,750 O pai de John fora contable do avó de Henry. 659 00:34:47,833 --> 00:34:49,625 Pode ser o máis rico do mundo. 660 00:34:51,833 --> 00:34:53,916 Non quero ser o máis rico do mundo. 661 00:34:56,750 --> 00:34:59,291 Non podo operar en Inglaterra polo fisco. 662 00:34:59,375 --> 00:35:01,500 Irei para Suíza, pero non mañá. 663 00:35:01,583 --> 00:35:04,125 Non estou solteiro, teño obrigas. 664 00:35:04,208 --> 00:35:07,000 Teño que falar coa familia e informar os socios. 665 00:35:07,083 --> 00:35:11,916 Teño que vender a casa, buscar unha en Suíza e sacar os nenos da escola. 666 00:35:12,000 --> 00:35:15,250 De alí a un ano, Henry mandáralle 120 millóns de libras 667 00:35:15,333 --> 00:35:16,958 a John Winston en Lausanne. 668 00:35:17,041 --> 00:35:21,500 Os cartos enviábanse cinco veces á semana á empresa suíza Winston Sugar. 669 00:35:21,583 --> 00:35:24,250 Só John e Henry sabían de onde viña o diñeiro 670 00:35:24,333 --> 00:35:25,708 e a onde ía. 671 00:35:25,791 --> 00:35:30,125 O envío do luns era o máis grande, ían cartos de venres, sábado e domingo, 672 00:35:30,208 --> 00:35:31,333 cos bancos pechados. 673 00:35:31,416 --> 00:35:35,875 Henry movíase moi rápido e cambiaba a identidade varias veces por semana. 674 00:35:35,958 --> 00:35:41,000 Ás veces John só sabía onde estaba Henry polo enderezo do banco que mandara cartos. 675 00:35:41,083 --> 00:35:42,250 Era tremendo. 676 00:36:02,541 --> 00:36:05,958 Henry morreu o ano pasado aos 63 anos, de embolia pulmonar. 677 00:36:06,041 --> 00:36:09,250 El viuno vir, pero estaba moi tranquilo. 678 00:36:09,333 --> 00:36:11,833 Executara o plan durante máis de 20 anos. 679 00:36:11,916 --> 00:36:14,458 Fixera 644 millóns de libras. 680 00:36:14,541 --> 00:36:19,208 Fundara e puxera en funcionamento 21 hospitais infantís e orfanatos, 681 00:36:19,291 --> 00:36:22,833 dirixidos e financiados por John Winston desde Lausanne. 682 00:36:23,458 --> 00:36:24,875 O traballo estaba feito. 683 00:36:29,125 --> 00:36:33,208 E como sei eu todo isto? Boa pregunta. Cóntollelo. 684 00:36:33,291 --> 00:36:36,916 Ao pouco de morrer Henry, John Winston chamoume desde Suíza. 685 00:36:37,000 --> 00:36:38,291 Presentouse 686 00:36:38,375 --> 00:36:44,000 como director de Winston Sugar S. L. e pediume que fose velo a Lausanne 687 00:36:44,083 --> 00:36:47,000 coa idea de escribir a historia da empresa. 688 00:36:47,708 --> 00:36:49,250 Non sei como me escolleu. 689 00:36:49,333 --> 00:36:52,166 Marcaríame ao chou nunha lista de escritores. 690 00:36:52,250 --> 00:36:54,375 Dixo que me pagaría ben e engadiu: 691 00:36:54,458 --> 00:36:58,333 "Morreu un home extraordinario. Chamábase Henry Sugar. 692 00:36:58,416 --> 00:37:01,708 A xente debía saber o que fixo polo mundo." 693 00:37:02,208 --> 00:37:03,333 Na miña ignorancia, 694 00:37:03,416 --> 00:37:07,541 preguntei se a historia merecía poñerse por escrito. 695 00:37:07,625 --> 00:37:11,041 Isto enfadou moito a John Winston, igual ata se ofendeu. 696 00:37:11,625 --> 00:37:16,041 En cinco minutos, por teléfono, faloume da carreira secreta de Henry Sugar. 697 00:37:16,125 --> 00:37:17,541 Xa non era secreta. 698 00:37:17,625 --> 00:37:20,750 Henry morrera e non volvería pisar un casino. 699 00:37:21,250 --> 00:37:22,708 "Alá vou", dixen. 700 00:37:23,208 --> 00:37:27,333 En Lausanne, coñecín a John Winston, que pasa dos 70, e a Max Engelman, 701 00:37:27,416 --> 00:37:30,291 un famoso maquillador que viaxaba con Henry 702 00:37:30,375 --> 00:37:33,166 para disfrazalo e ocultar a súa identidade. 703 00:37:33,250 --> 00:37:37,333 Os dous quedaron desfeitos pola morte de Henry. Max máis ca John. 704 00:37:37,416 --> 00:37:39,708 Queríalle moito. Era magnífico. 705 00:37:39,791 --> 00:37:42,666 John Winston mostroume o caderno azul orixinal 706 00:37:42,750 --> 00:37:45,666 escrito por Z. Z. Chatterjee en Calcuta en 1935. 707 00:37:45,750 --> 00:37:47,833 E eu copieino palabra por palabra. 708 00:37:47,916 --> 00:37:49,583 "A última pregunta," dixen. 709 00:37:49,666 --> 00:37:53,083 "Vostede chámalle Henry Sugar, pero ese non era o seu nome. 710 00:37:53,166 --> 00:37:56,333 Non quere que diga quen era cando escriba a historia?" 711 00:37:56,416 --> 00:37:57,791 - Non. - …dixo John. 712 00:37:57,875 --> 00:38:00,250 Nós prometemos non revelar a identidade. 713 00:38:00,333 --> 00:38:02,750 Xa se saberá, antes ou despois. 714 00:38:02,833 --> 00:38:05,125 Era dunha coñecida familia inglesa, 715 00:38:05,208 --> 00:38:07,500 pero prefiro que non tente descubrilo. 716 00:38:07,583 --> 00:38:09,916 Por favor, chámelle só Sr. Henry Sugar. 717 00:38:11,833 --> 00:38:13,291 E iso é o que fixen. 718 00:38:20,791 --> 00:38:22,833 The Wonderful Story of Henry Sugar 719 00:38:22,916 --> 00:38:26,541 foi escrita por Roald Dahl na cabana da súa casa, Gipsy House, 720 00:38:26,625 --> 00:38:29,250 en Great Missenden, no condado de Buckingham, 721 00:38:29,333 --> 00:38:31,333 entre febreiro e decembro de 1976. 722 00:38:40,666 --> 00:38:42,166 SENDEIRO PÚBLICO 723 00:38:42,250 --> 00:38:45,000 A Ernie déranlle un rifle polo aniversario. 724 00:38:45,083 --> 00:38:48,416 Colleu a arma e as balas e saíu para ver que podía matar. 725 00:38:48,916 --> 00:38:53,208 Fronte á casa de Raymond, meteu dous dedos na boca e asubiou, estridente. 726 00:38:54,250 --> 00:38:57,125 Raymond era o mellor amigo de Ernie. Vivía preto. 727 00:38:57,208 --> 00:38:59,250 Ergueu o rifle por riba da cabeza. 728 00:38:59,333 --> 00:39:02,166 "Recoiro!", dixo Raymond. "Que ben o imos pasar!" 729 00:39:03,208 --> 00:39:06,375 Os rapaces marcharon. Era un sábado á mañá de maio. 730 00:39:06,458 --> 00:39:08,416 Os castiñeiros estaban en flor 731 00:39:08,500 --> 00:39:11,041 e os espiñeiros das sebes estaban brancos. 732 00:39:11,125 --> 00:39:13,708 Cando ían polo camiño estreito entre sebes, 733 00:39:13,791 --> 00:39:15,875 mataron todos os paxaros que viron. 734 00:39:15,958 --> 00:39:18,958 Liñaceiros, pardais, papuxas, escribentes amarelos… 735 00:39:19,041 --> 00:39:23,666 Cando chegaron á vía do tren, tiñan 14 paxaros colgados nun cordel. 736 00:39:24,666 --> 00:39:27,583 "Mira", dixo Ernie, estendendo o brazo. "Alí." 737 00:39:27,666 --> 00:39:32,166 Nos arbustos, había un neno mirando as pólas dunha árbore cuns prismáticos. 738 00:39:32,250 --> 00:39:33,958 "Watson! O papón ese." 739 00:39:35,333 --> 00:39:37,291 Peter Watson tiña corpo delicado. 740 00:39:37,375 --> 00:39:40,250 Tiña pencas e levaba lentes con cristais gordos. 741 00:39:40,333 --> 00:39:44,541 Era un alumno brillante, ía en cursos superiores ao seu, con 13 anos. 742 00:39:44,625 --> 00:39:47,291 Gustáballe a música e tocaba ben o piano. 743 00:39:47,375 --> 00:39:50,041 Os xogos non eran o seu. Era calado e educado. 744 00:39:51,875 --> 00:39:55,250 Os dous rapaces máis grandes achegáronse amodo ao pequeno. 745 00:39:57,125 --> 00:40:01,958 Non os viu, tiña os prismáticos nos ollos e estaba abraiado polo que vía. 746 00:40:03,208 --> 00:40:05,583 "Mans arriba!", berrou Ernie, apuntando. 747 00:40:06,166 --> 00:40:07,375 Peter deu un chimpo. 748 00:40:09,458 --> 00:40:11,916 Mirou polos prismáticos os dous intrusos. 749 00:40:12,000 --> 00:40:14,250 "Veña!", berrou Ernie. "Mans arriba!" 750 00:40:14,333 --> 00:40:18,458 Peter Watson non se moveu, agarrando os prismáticos coas dúas mans. 751 00:40:18,541 --> 00:40:20,416 Mirou a Raymond e a Ernie. 752 00:40:20,500 --> 00:40:23,916 Non tiña medo, pero sabía que tiña que ter tino con eles. 753 00:40:24,000 --> 00:40:26,500 Levábanlle feito moitas falcatruadas. 754 00:40:26,583 --> 00:40:27,625 Mans arriba. 755 00:40:27,708 --> 00:40:29,666 Iso era o máis sensato. 756 00:40:29,750 --> 00:40:32,458 Raymond achegouse e colleulle os prismáticos. 757 00:40:32,541 --> 00:40:34,416 "A quen espías?", berrou. 758 00:40:34,500 --> 00:40:36,750 Peter barallou as súas opcións. 759 00:40:36,833 --> 00:40:39,500 Podía escapar, pero colleríano en segundos. 760 00:40:39,583 --> 00:40:42,083 Podía pedir socorro, pero ninguén o oiría. 761 00:40:42,166 --> 00:40:46,708 Só podía calmarse e tentar convencelos de que o deixasen. 762 00:40:46,791 --> 00:40:49,166 "Estaba mirando un peto verdeal", dixo. 763 00:40:49,250 --> 00:40:52,583 - "Un que?" - "Un peto verdeal macho." Picus viridis. 764 00:40:52,666 --> 00:40:55,833 Apalpou o tronco dunha árbore seca, á busca de larvas. 765 00:40:55,916 --> 00:40:57,833 "Onde está?", dixo, apuntando. 766 00:40:57,916 --> 00:41:00,125 - "Voulle tirar!" - "Non", dixo Peter, 767 00:41:00,208 --> 00:41:03,208 mirando a restra de paxaros no ombreiro de Raymond. 768 00:41:03,291 --> 00:41:06,750 "Fuxiu cando berraches. Os petos son moi asustadizos." 769 00:41:12,541 --> 00:41:14,500 Raymond bisboulle algo a Ernie. 770 00:41:14,583 --> 00:41:17,125 Ernie deu unha palmada na perna. "Boa idea." 771 00:41:17,208 --> 00:41:19,708 Puxo a arma no chan e botouse sobre Peter. 772 00:41:19,791 --> 00:41:21,125 Guindouno no chan. 773 00:41:21,208 --> 00:41:24,000 Raymond sacou un cordel e cortou un cacho. 774 00:41:24,083 --> 00:41:26,083 Ataron ben a Peter polos pulsos. 775 00:41:26,166 --> 00:41:28,083 "Agora as pernas", dixo Raymond. 776 00:41:28,166 --> 00:41:30,541 Peter recibiu unha puñada na barriga. 777 00:41:30,625 --> 00:41:32,333 Quedou sen alento e inmóbil. 778 00:41:32,416 --> 00:41:36,500 Os grandes atáronlle os nocellos con cordel, coma a unha galiña. 779 00:41:36,583 --> 00:41:37,916 Ernie colleu a arma 780 00:41:38,000 --> 00:41:41,291 e comezaron a guiar o neno cara á vía do tren. 781 00:41:41,375 --> 00:41:43,208 Peter Watson non dixo nada. 782 00:41:43,291 --> 00:41:46,208 Fixesen o que fixesen, falar non serviría de nada. 783 00:41:46,291 --> 00:41:48,000 Arrastrárono polo terraplén 784 00:41:48,083 --> 00:41:51,333 e tombárono ao longo entre as vías. Estas mesmas vías. 785 00:41:53,375 --> 00:41:57,375 Estas mesmas vías. Isto pasoume hai 27 anos. Chámome Peter Watson. 786 00:41:58,958 --> 00:42:00,750 "Máis cordel," dixo Ernie. 787 00:42:04,541 --> 00:42:08,625 Ao remataren, Peter estaba indefenso, firmemente atado entre as vías. 788 00:42:08,708 --> 00:42:11,333 Só podía mover a cabeza e os pés. 789 00:42:11,416 --> 00:42:14,125 Ernie e Raymond deron un paso atrás para mirar. 790 00:42:14,208 --> 00:42:16,125 "Moi ben feito", dixo Ernie. 791 00:42:16,208 --> 00:42:19,125 "Isto é un asasinato", dixo o neno deitado. 792 00:42:19,208 --> 00:42:21,250 "Depende", dixo Ernie. 793 00:42:21,333 --> 00:42:23,125 "Depende da altura dos trens. 794 00:42:23,208 --> 00:42:25,875 Se non te moves, igual te salvas." 795 00:42:27,458 --> 00:42:30,750 Eles subiron o terraplén e sentaron tras uns arbustos. 796 00:42:30,833 --> 00:42:33,000 Ernie sacou tabaco e fumaron. 797 00:42:33,083 --> 00:42:35,250 Peter xa sabía que non o ían ceibar. 798 00:42:35,333 --> 00:42:37,250 Estaban tolos e eran perigosos. 799 00:42:37,333 --> 00:42:39,625 Rapaces tolos, perigosos e parvos. 800 00:42:40,125 --> 00:42:42,583 "Cálmate e pensa", dixo Peter para si. 801 00:42:42,666 --> 00:42:44,916 Tombado, inmóbil, sopesou as opcións. 802 00:42:45,000 --> 00:42:46,791 A parte máis alta era o nariz. 803 00:42:46,875 --> 00:42:50,541 Calculou que o nariz sobresaía 10 cm por riba das vías. 804 00:42:50,625 --> 00:42:53,166 Era demasiado? Quen sabe, cos trens diésel. 805 00:42:53,250 --> 00:42:56,333 A cabeza descansaba na grava entre dúas travesas. 806 00:42:56,416 --> 00:42:58,166 Tiña que espetala algo máis. 807 00:42:58,750 --> 00:43:01,541 Moveu a cabeza aos lados para arredar a grava 808 00:43:01,625 --> 00:43:04,416 e facer un pequeno oco debaixo da cabeza. 809 00:43:04,500 --> 00:43:06,875 Calculou que baixara a cabeza 5 cm. 810 00:43:06,958 --> 00:43:09,041 Iso valería. Agora faltaban os pés. 811 00:43:09,125 --> 00:43:11,791 Cruzounos para dentro para non sobresaíren 812 00:43:11,875 --> 00:43:13,708 e agardou polo tren. 813 00:43:13,791 --> 00:43:17,250 Preguntouse se se crearía algún baleiro debaixo do tren 814 00:43:17,333 --> 00:43:20,375 ao pasar por riba, que tirase por el. Igual si. 815 00:43:20,458 --> 00:43:21,958 Tiña que concentrarse 816 00:43:22,041 --> 00:43:24,791 en pegar ben todo o corpo contra o chan. 817 00:43:24,875 --> 00:43:28,666 "Non afrouxes. Ponte teso e pégate contra o chan." 818 00:43:28,750 --> 00:43:30,875 Peter Watson miraba o ceo branco. 819 00:43:30,958 --> 00:43:33,958 Pasaba un cúmulo de nubes de esquerda a dereita. 820 00:43:34,041 --> 00:43:35,583 Un avión cruzou a nube. 821 00:43:35,666 --> 00:43:37,833 Un monoplano con fuselaxe vermella. 822 00:43:37,916 --> 00:43:41,458 Un vello Piper Cub, pensou que era. Mirouno ata desaparecer. 823 00:43:42,083 --> 00:43:43,166 Logo, de súpeto, 824 00:43:43,250 --> 00:43:47,166 oíu unha curiosa vibración das vías que tiña aos dous lados. 825 00:43:47,250 --> 00:43:50,291 Era moi suave, case inaudible, un leve murmurio 826 00:43:50,375 --> 00:43:52,833 que semellaba vir polas vías ao lonxe. 827 00:43:58,916 --> 00:44:01,666 Peter Watson ergueu a cabeza e mirou para a vía 828 00:44:01,750 --> 00:44:03,916 que se estendía ata o horizonte 829 00:44:04,000 --> 00:44:04,958 e viu o tren. 830 00:44:05,041 --> 00:44:07,916 Primeiro, só un punto negro, pero nuns segundos 831 00:44:08,000 --> 00:44:09,541 o punto medrou, 832 00:44:09,625 --> 00:44:12,000 foi collendo forma e non era un punto, 833 00:44:12,083 --> 00:44:15,291 senón a fronte férrea cadrada dun tren diésel. 834 00:44:15,375 --> 00:44:17,625 Peter baixou a cabeza e meteuna 835 00:44:17,708 --> 00:44:19,750 no buraco que cavara na grava. 836 00:44:19,833 --> 00:44:21,375 Cruzou os pés para dentro, 837 00:44:21,458 --> 00:44:24,333 pechou os ollos e pegou o corpo contra o chan. 838 00:44:24,416 --> 00:44:28,916 O tren pasou cunha enorme explosión, coma se lle metesen un balazo na cabeza. 839 00:44:29,000 --> 00:44:31,625 Coa explosión veu un vento violentísimo, 840 00:44:31,708 --> 00:44:35,041 coma un furacán entrándolle polo nariz ata os pulmóns. 841 00:44:35,125 --> 00:44:37,833 O ruído abouxábao, o vento afogábao. 842 00:44:37,916 --> 00:44:39,916 Era coma se o comesen vivo, 843 00:44:40,000 --> 00:44:43,958 engulido polo ventre dun monstro asasino e atronador. 844 00:44:44,041 --> 00:44:46,083 Logo acabouse. O tren xa pasara. 845 00:44:46,916 --> 00:44:49,250 Peter Watson abriu os ollos e viu o ceo 846 00:44:49,333 --> 00:44:51,833 e a gran nube branca pasando por riba. 847 00:44:51,916 --> 00:44:54,375 Xa pasara e el sobrevivira. 848 00:45:00,916 --> 00:45:02,583 - Céibao. - …dixo Ernie. 849 00:45:02,666 --> 00:45:05,458 Raymond cortou os cordeis que o ataban á vía. 850 00:45:05,541 --> 00:45:07,958 "Desátalle os pés, deixa as mans atadas." 851 00:45:08,041 --> 00:45:10,250 Raymond cortou o cordel dos nocellos. 852 00:45:10,333 --> 00:45:13,375 "Pero segues sendo prisioneiro, meu", dixo Bernie. 853 00:45:13,458 --> 00:45:17,416 Os dous rapaces grandes guiaron a Peter polo campo cara ao lago. 854 00:45:17,500 --> 00:45:20,291 As mans do prisioneiro seguían atadas. 855 00:45:20,375 --> 00:45:22,375 Ernie levaba a arma na outra man 856 00:45:22,458 --> 00:45:25,125 e Raymond levaba os prismáticos de Peter. 857 00:45:28,833 --> 00:45:32,500 O lago era longo e estreito, con salgueiros arredor da beira. 858 00:45:32,583 --> 00:45:37,000 No medio, a auga estaba limpa, pero a beira era unha xunqueira. 859 00:45:37,083 --> 00:45:40,000 Ernie dixo: "Faremos o seguinte. 860 00:45:40,083 --> 00:45:45,958 Ti cólleslle os brazos, eu as pernas, e randeámolo nos xuncos desa lameira." 861 00:45:46,041 --> 00:45:48,583 "Mira!", dixo Raymond. "Alí. Vamos por el." 862 00:45:48,666 --> 00:45:50,625 Peter Watson virouse e viuno. 863 00:45:50,708 --> 00:45:53,541 Un niño feito cunha morea de xuncos e xuncas, 864 00:45:53,625 --> 00:45:55,833 que se erguía 60 cm por riba da auga. 865 00:45:55,916 --> 00:46:00,125 Enriba, un elegante cisne branco, sentado coma a Dona do lago. 866 00:46:00,208 --> 00:46:03,625 Tiña a cabeza virada cara aos rapaces, alerta e vixiante. 867 00:46:03,708 --> 00:46:06,250 "Recoiro", berrou Raymond. "Que bonito." 868 00:46:06,333 --> 00:46:09,583 Ernie soltou a man de Peter e puxo a arma no ombreiro. 869 00:46:09,666 --> 00:46:13,208 "Isto é… unha reserva de aves", dixo Peter, tatexando. 870 00:46:13,291 --> 00:46:15,333 "Unha que?", preguntou Ernie. 871 00:46:15,416 --> 00:46:18,416 Peter comezou a sentir unha enorme carraxe. 872 00:46:18,500 --> 00:46:20,291 Tratou de falar con calma. 873 00:46:20,375 --> 00:46:22,541 "Os cisnes están moi protexidos, 874 00:46:22,625 --> 00:46:26,083 non se poden matar no niño. Pode ter crías debaixo." 875 00:46:26,166 --> 00:46:29,375 Non fagas iso. Non o podes facer. Por favor, para! 876 00:46:31,000 --> 00:46:33,250 A bala deu na elegante cabeza do cisne 877 00:46:33,333 --> 00:46:36,666 e o longo pescozo foi caendo ata colgar da beira do niño. 878 00:46:46,666 --> 00:46:47,500 Abre. 879 00:47:00,541 --> 00:47:02,958 "Sóltalle as mans. É o noso perdigueiro." 880 00:47:03,041 --> 00:47:05,916 Raymond cortou o cordel que ataba as mans do neno. 881 00:47:06,000 --> 00:47:07,125 "Vai por el!" 882 00:47:07,208 --> 00:47:08,458 "Négome", dixen. 883 00:47:09,125 --> 00:47:12,250 Ernie deulle unha labazada ben forte a Peter. 884 00:47:12,333 --> 00:47:14,916 Saíulle un fío de sangue polo nariz. 885 00:47:15,000 --> 00:47:18,666 "Se te volves negar, vouche prometer algo. 886 00:47:18,750 --> 00:47:23,208 Vouche partir os dentes, os de arriba e os de abaixo. Entendes?" 887 00:47:23,708 --> 00:47:24,666 Peter calou. 888 00:47:24,750 --> 00:47:27,000 "Contesta", ladrou Ernie. "Entendes?" 889 00:47:27,083 --> 00:47:29,625 "Si", dixo Peter Watson en voz baixa. 890 00:47:30,583 --> 00:47:34,833 A Peter soltáronselle as bágoas ao baixar pola ribeira e entrar na auga. 891 00:47:34,916 --> 00:47:38,458 Achegouse ao cisne morto e colleuno coas dúas mans. 892 00:47:38,541 --> 00:47:42,041 Debaixo, había dúas crías, co corpo cuberto de peluxe gris. 893 00:47:42,125 --> 00:47:44,416 Estaban apiñadas no centro do niño. 894 00:47:44,500 --> 00:47:46,875 "Ten ovos?", berrou Ernie desde a beira. 895 00:47:51,416 --> 00:47:54,041 "Non", contestou Peter. "Nada." 896 00:47:59,125 --> 00:48:01,666 Trouxo o cisne morto para a beira do lago. 897 00:48:01,750 --> 00:48:05,541 Deixouno no chan, ergueuse e púxose fronte aos outros dous. 898 00:48:05,625 --> 00:48:08,833 Os seus ollos, aínda chorosos, ardían de carraxe. 899 00:48:08,916 --> 00:48:10,958 "Debiades estar mortos vós", dixo. 900 00:48:11,458 --> 00:48:14,833 Ernie parecía algo perplexo, pero enseguida se recuperou. 901 00:48:14,916 --> 00:48:18,125 Unha perigosa chispa brilláballe nos seus ollos negros. 902 00:48:20,291 --> 00:48:21,833 "Dáme a navalla, Raymond." 903 00:48:24,666 --> 00:48:27,333 Hai un artello do óso que une a á ao corpo. 904 00:48:27,416 --> 00:48:31,125 Ernie espetou a navalla no artello e cortou o tendón. 905 00:48:31,208 --> 00:48:35,291 A navalla estaba afiada, cortaba ben e a á axiña saíu nunha peza. 906 00:48:35,375 --> 00:48:40,333 Ernie virou o cisne e cortoulle a outra á. "Cordel", dixo, estirando a man. 907 00:48:43,125 --> 00:48:45,333 Ernie cortou oito pezas dun metro. 908 00:48:45,416 --> 00:48:48,791 Atou o cordel pola parte de arriba da á grande. 909 00:48:48,875 --> 00:48:50,125 "Ergue os brazos." 910 00:48:53,375 --> 00:48:55,875 Peter Watson estaba de pé á beira do lago 911 00:48:55,958 --> 00:48:57,583 nesa preciosa mañá de maio, 912 00:48:57,666 --> 00:48:59,916 con aquelas enormes ás frouxas 913 00:49:00,000 --> 00:49:02,291 colgándolle grotescamente do costado. 914 00:49:02,375 --> 00:49:05,583 Ernie deu unha palmada e bailou unha xiga na herba. 915 00:49:12,416 --> 00:49:14,666 "Acabastes?", preguntou Peter Watson. 916 00:49:14,750 --> 00:49:16,958 "Os cisnes non falan", dixo Ernie. 917 00:49:17,458 --> 00:49:21,458 Desfilaron pola beira do lago ata chegaren a un salgueiro alto. 918 00:49:21,541 --> 00:49:23,583 As pólas longas colgaban do alto 919 00:49:23,666 --> 00:49:25,916 ata case tocaren a superficie do lago. 920 00:49:27,041 --> 00:49:30,125 "O que vas facer, Sr. Cisne, é subir á cima da árbore 921 00:49:30,208 --> 00:49:33,125 e, cando esteas alí, estendes as ás e engalas." 922 00:49:33,208 --> 00:49:35,041 "Fantástico!", berrou Raymond. 923 00:49:35,125 --> 00:49:39,708 A idea de subir e distanciarse destas bestas gustoulle moito a Peter. 924 00:49:39,791 --> 00:49:41,875 Ao chegar á cima, quedaría alí. 925 00:49:41,958 --> 00:49:44,416 Dubidaba que o fosen buscar alá arriba. 926 00:49:44,500 --> 00:49:46,875 Se fosen, poríase nunha póla delgada 927 00:49:46,958 --> 00:49:49,208 que non aguantase o peso de dous. 928 00:49:49,291 --> 00:49:53,166 A árbore era doada de subir, con pólas baixas por onde empezar. 929 00:49:53,250 --> 00:49:55,250 "Máis arriba", berrou Ernie. 930 00:49:55,333 --> 00:49:58,333 Peter chegou a un punto que xa non podía superar. 931 00:49:58,416 --> 00:50:01,458 Tiña os pés nunha póla do grosor do pulso dun home. 932 00:50:01,541 --> 00:50:03,958 A póla estendíase por riba do lago 933 00:50:04,041 --> 00:50:05,875 e logo virada cara a baixo. 934 00:50:05,958 --> 00:50:07,958 Descansou nela despois da subida. 935 00:50:08,041 --> 00:50:11,541 Estaba moi alto, a uns 15 metros do chan. Non vía os outros. 936 00:50:11,625 --> 00:50:13,708 Xa non estaban ao pé da árbore. 937 00:50:14,208 --> 00:50:15,458 "Escoita ben!" 938 00:50:15,541 --> 00:50:17,375 Arredáranse da árbore 939 00:50:17,458 --> 00:50:20,875 ata un punto desde o que vían ben a Peter na cima. 940 00:50:20,958 --> 00:50:22,125 Mirando para baixo, 941 00:50:22,208 --> 00:50:26,166 Peter decatouse do escasa que era a follaxe do salgueiro. 942 00:50:26,250 --> 00:50:28,125 Case non o cubría para nada. 943 00:50:28,208 --> 00:50:30,125 "Colle por esa póla, 944 00:50:30,208 --> 00:50:33,791 sigue andando ata estares enriba da auga enlamada e engala." 945 00:50:34,291 --> 00:50:35,750 Peter non se moveu. 946 00:50:36,250 --> 00:50:39,041 Miraba as figuras distantes no campo no chan. 947 00:50:39,125 --> 00:50:41,458 Estaban inmóbiles, mirándoo a el. 948 00:50:41,541 --> 00:50:42,750 "Vou contar ata dez. 949 00:50:42,833 --> 00:50:46,541 Se non estendes as ás e botas a voar, dispároche. 950 00:50:46,625 --> 00:50:49,083 Así serán dous cisnes os que cazo hoxe. 951 00:50:49,166 --> 00:50:50,041 Empezo. 952 00:50:50,625 --> 00:50:56,333 Un, dous, tres, catro, cinco, seis!" 953 00:50:56,416 --> 00:51:00,791 Peter Watson permaneceu inmóbil. Nada o movería a partir dese momento. 954 00:51:00,875 --> 00:51:04,375 "Sete, oito, nove, dez!" 955 00:51:04,458 --> 00:51:06,708 Peter viu a arma no ombreiro, 956 00:51:06,791 --> 00:51:08,333 apuntándoo a el. 957 00:51:08,416 --> 00:51:09,833 Oíu o estoupido do rifle 958 00:51:09,916 --> 00:51:12,458 e a bala pasar pitando, rozándolle a cabeza. 959 00:51:16,125 --> 00:51:17,958 Daba medo, pero non se moveu. 960 00:51:18,041 --> 00:51:20,458 Viu a Ernie cargando outra bala na arma. 961 00:51:20,541 --> 00:51:23,583 "Última ocasión!", berrou Ernie. "A seguinte dáche." 962 00:51:23,666 --> 00:51:24,500 Peter agardou. 963 00:51:24,583 --> 00:51:28,708 Mirou a Ernie entre os ranúnculos do campo, co outro rapaz ao pé del. 964 00:51:28,791 --> 00:51:30,916 Puxo a arma no ombreiro de novo. 965 00:51:31,000 --> 00:51:34,458 Esta vez oíu o estoupido cando a bala lle deu na coxa. 966 00:51:34,541 --> 00:51:37,083 Non lle doía, pero o golpe fora tremendo. 967 00:51:37,166 --> 00:51:39,875 Coma se bourasen nel cun mazo, 968 00:51:39,958 --> 00:51:42,875 soltáronselle as pernas da póla en que estaba. 969 00:51:42,958 --> 00:51:44,958 Tentou agarrarse a algo coas mans. 970 00:51:45,041 --> 00:51:48,416 A póla en que se colgou torceu e partiu. 971 00:51:57,375 --> 00:52:01,833 Algunhas persoas, cando as castigan demasiado, máis do que é soportable, 972 00:52:01,916 --> 00:52:04,500 derrúbanse e réndense. 973 00:52:04,583 --> 00:52:06,791 Outras, as menos, 974 00:52:06,875 --> 00:52:10,333 serán sempre imbatibles. 975 00:52:10,416 --> 00:52:13,666 Vense en tempos de guerra e tamén en tempos de paz. 976 00:52:13,750 --> 00:52:15,791 Teñen un espírito indomable 977 00:52:15,875 --> 00:52:19,416 e non hai nada, nin dor nin tortura nin ameaza de morte 978 00:52:19,500 --> 00:52:21,250 que os faga renderse. 979 00:52:21,750 --> 00:52:23,958 Peter Watson era un deles. 980 00:52:24,500 --> 00:52:28,833 Cando intentaba agarrarse a unha póla para non caer da cima da árbore, 981 00:52:28,916 --> 00:52:32,500 de súpeto pensou que ía gañar. 982 00:52:33,000 --> 00:52:35,958 Ergueu a vista e viu unha luz enriba do lago. 983 00:52:36,041 --> 00:52:40,291 Era tan brillante e fermosa que non podía deixar de mirar. 984 00:52:40,791 --> 00:52:43,541 A luz chamábao e atraíao, 985 00:52:44,041 --> 00:52:48,041 e el lanzouse cara á luz e estendeu as ás. 986 00:52:49,750 --> 00:52:52,708 Tres persoas dixeron que viran un gran cisne branco 987 00:52:52,791 --> 00:52:54,875 voando sobre a vila aquela mañá. 988 00:52:54,958 --> 00:52:58,833 Un mestre, un home que repoñía tellas no tellado da farmacia 989 00:52:58,916 --> 00:53:01,250 e un neno que xogaba nun campo. 990 00:53:01,333 --> 00:53:04,375 A Sra. Watson, que lavaba os pratos no vertedoiro, 991 00:53:04,458 --> 00:53:07,583 mirou pola ventá xusto no momento 992 00:53:07,666 --> 00:53:12,208 en que unha cousa branca enorme se precipitou sobre o céspede do xardín. 993 00:53:12,833 --> 00:53:14,208 Saíu correndo. 994 00:53:14,708 --> 00:53:15,750 Axeonllouse 995 00:53:15,833 --> 00:53:18,500 á beira do seu único fillo, encollido no chan. 996 00:53:19,333 --> 00:53:22,416 "Meu neno!", berrou. "Meu neniño querido!" 997 00:53:24,625 --> 00:53:25,875 "Que che pasou?" 998 00:53:30,083 --> 00:53:33,791 The Swan inspírase nunha nova xornalística sobre un feito real 999 00:53:33,875 --> 00:53:36,833 que Dahl gardou no Ideas Book durante 30 anos, 1000 00:53:36,916 --> 00:53:40,041 ata que escribiu este conto en outubro de 1976. 1001 00:53:52,916 --> 00:53:59,875 XORNAL NOVAS "DO DÍA" 1002 00:54:01,166 --> 00:54:04,375 Pola tarde, o cazarratas veu á gasolineira. 1003 00:54:04,458 --> 00:54:07,041 Achegouse á entrada silenciosamente. 1004 00:54:07,541 --> 00:54:09,791 Os seus pés non facían ruído na grava. 1005 00:54:09,875 --> 00:54:12,416 Traía un macuto colgado nun ombreiro 1006 00:54:12,500 --> 00:54:15,333 e chaqueta anticuada de pana, con petos grandes. 1007 00:54:15,416 --> 00:54:18,958 Os pantalóns de pana estaban atados nos xeonllos cun cordel. 1008 00:54:19,041 --> 00:54:20,000 - Ola. - Si. 1009 00:54:20,083 --> 00:54:21,250 Operario antirroedores. 1010 00:54:21,375 --> 00:54:23,958 Aqueles olliños escuros inspeccionaron o local. 1011 00:54:24,041 --> 00:54:25,375 - O cazarratas? - Si. 1012 00:54:25,458 --> 00:54:27,250 Delgado, faccións marcadas, 1013 00:54:27,333 --> 00:54:31,291 dous dentes amarelos longos que sobresaían sobre o labio inferior. 1014 00:54:31,375 --> 00:54:34,333 Orellas redondas e delgadas, preto da caluga. 1015 00:54:34,416 --> 00:54:35,958 Os ollos eran case negros, 1016 00:54:36,041 --> 00:54:39,083 pero, cando te miraban, tiñan un escintileo amarelo. 1017 00:54:39,166 --> 00:54:41,708 - Veu rápido. - Ordes de Sanidade. 1018 00:54:41,791 --> 00:54:44,000 Sanidade? E vai cazar todas as ratas? 1019 00:54:44,083 --> 00:54:44,958 - Si. - Como? 1020 00:54:45,041 --> 00:54:45,875 Si, como? 1021 00:54:45,958 --> 00:54:49,166 Depende das ratas e de onde estean. Hai varios métodos. 1022 00:54:49,250 --> 00:54:50,500 - Con trampas. - Que? 1023 00:54:50,583 --> 00:54:51,541 - Trampas. - Que? 1024 00:54:51,625 --> 00:54:52,541 El bufou. 1025 00:54:52,625 --> 00:54:54,666 Non as cazo así. Non son coellos. 1026 00:54:54,750 --> 00:54:56,000 Ergueu a cabeza, 1027 00:54:56,083 --> 00:54:59,500 olfacteando o aire e movendo o nariz dun lado a outro. 1028 00:54:59,583 --> 00:55:02,666 As ratas son listas. Para cazalas, hai que coñecelas. 1029 00:55:03,333 --> 00:55:05,083 Hai que coñecer as ratas. 1030 00:55:09,208 --> 00:55:11,541 Saben o que fan? Obsérvano a un. 1031 00:55:11,625 --> 00:55:15,333 Cando un se prepara para exterminalas, estano observando. 1032 00:55:15,416 --> 00:55:17,208 Non están nos sumidoiros, non? 1033 00:55:17,291 --> 00:55:18,875 Non, nos sumidoiros, non. 1034 00:55:18,958 --> 00:55:21,416 - Neles é delicado. - Pensaba que non. 1035 00:55:21,500 --> 00:55:24,625 Ai, non? Gustaríame velo traballar no sumidoiro. 1036 00:55:24,708 --> 00:55:27,166 Gustaríame saber como o faría exactamente. 1037 00:55:27,250 --> 00:55:28,583 Envelenándoas, supoño. 1038 00:55:28,666 --> 00:55:30,833 Onde poñería o veleno exactamente? 1039 00:55:30,916 --> 00:55:31,750 No sumidoiro. 1040 00:55:31,833 --> 00:55:33,333 Iluminóuselle a cara. 1041 00:55:33,416 --> 00:55:35,125 Xa o sabía. "No sumidoiro." 1042 00:55:35,208 --> 00:55:37,583 Sabe que? Arrastraríano os residuos. 1043 00:55:37,666 --> 00:55:39,583 Todo. O sumidoiro é coma un río. 1044 00:55:39,666 --> 00:55:42,833 Que faría vostede, Sr. Cazarratas, nun sumidoiro? 1045 00:55:42,916 --> 00:55:44,750 O cazarratas achegouse un paso. 1046 00:55:44,833 --> 00:55:46,916 A súa voz adoptou ton confidencial, 1047 00:55:47,000 --> 00:55:49,750 a voz de quen revela segredos profesionais. 1048 00:55:49,833 --> 00:55:52,833 Trabállase coa idea de que a rata é un roedor. 1049 00:55:52,916 --> 00:55:55,375 Todo o que se lles dá, róeno. 1050 00:55:55,458 --> 00:55:58,500 Se hai que traballar no sumidoiro, que se fai? 1051 00:55:58,583 --> 00:56:01,416 A súa voz tiña o ton gutural do croar da ra, 1052 00:56:01,500 --> 00:56:04,583 e el semellaba deleitarse na pronuncia das palabras, 1053 00:56:04,666 --> 00:56:06,625 coma se gozase do seu sabor. 1054 00:56:06,708 --> 00:56:10,375 Éntrase no sumidoiro cunhas cantas bolsas de papel castaño 1055 00:56:10,458 --> 00:56:13,083 cheas de pasta de escaiola. Nada máis. 1056 00:56:13,166 --> 00:56:15,500 Logo cólganse no teito do sumidoiro 1057 00:56:15,583 --> 00:56:17,958 para quedaren colgadas sen tocar a auga, 1058 00:56:18,041 --> 00:56:20,000 pero que lles cheguen as ratas. 1059 00:56:20,083 --> 00:56:21,625 Claud escoitaba, abraiado. 1060 00:56:21,708 --> 00:56:25,875 A rata vén nadando polo sumidoiro, ve a bolsa e para. 1061 00:56:26,375 --> 00:56:28,500 Chéiraa, non cheira mal. 1062 00:56:28,583 --> 00:56:30,083 - Que fai? - Róea. 1063 00:56:30,166 --> 00:56:33,125 Si. Comeza a roer na bolsa e rómpea, 1064 00:56:33,208 --> 00:56:36,208 e a rata morde un merecido bocado de masa. 1065 00:56:36,708 --> 00:56:37,541 E logo? 1066 00:56:37,625 --> 00:56:39,041 Iso chega. 1067 00:56:39,791 --> 00:56:41,166 - Mátaa? - Cae redonda. 1068 00:56:41,250 --> 00:56:43,375 - A escaiola… - Aumenta ao mollala. 1069 00:56:43,458 --> 00:56:45,666 Ao entrar nos condutos, medra 1070 00:56:45,750 --> 00:56:48,083 e mátaa máis rápido ca nada. 1071 00:56:48,583 --> 00:56:50,083 Hai que coñecer as ratas. 1072 00:56:50,166 --> 00:56:52,208 A cara iluminóuselle de orgullo. 1073 00:56:52,291 --> 00:56:56,000 Xuntou os dedos longos e achegou as mans á cara. 1074 00:56:57,833 --> 00:57:00,250 Onde están esas ratas, logo? 1075 00:57:00,333 --> 00:57:04,916 A verba "ratas" saíulle cun son doce, coma se fixese gargarexos con manteiga. 1076 00:57:05,000 --> 00:57:06,583 No palleiro, aí en fronte. 1077 00:57:06,666 --> 00:57:09,041 - Dentro non? - Non, só no palleiro. 1078 00:57:09,125 --> 00:57:13,541 Aposto a que as hai dentro, remexendo na comida e espallando enfermidades. 1079 00:57:13,625 --> 00:57:16,833 - Hai enfermidades aquí? - Miroume a min, logo a Claud. 1080 00:57:16,916 --> 00:57:18,625 - Estamos todos ben. - Seguro? 1081 00:57:18,708 --> 00:57:20,291 - Seguro. - Nunca se sabe. 1082 00:57:20,375 --> 00:57:23,000 Falaba coma un funcionario de Sanidade, 1083 00:57:23,083 --> 00:57:25,875 decepcionado porque non tiñamos peste bubónica. 1084 00:57:25,958 --> 00:57:29,416 As ratas están no palleiro. Como as vai eliminar? 1085 00:57:30,000 --> 00:57:31,916 O cazarratas sorriu, renarte. 1086 00:57:32,000 --> 00:57:36,666 Meteu a man no macuto e sacou unha lata, sopesándoa nas mans mentres falaba. 1087 00:57:36,750 --> 00:57:39,208 Veleno. Veleno especial. Veleno mortal. 1088 00:57:39,291 --> 00:57:43,041 Irían ao cárcere seis meses se os collen cunha cullerada disto. 1089 00:57:43,125 --> 00:57:45,291 Chega para matar un millón de homes. 1090 00:57:45,375 --> 00:57:46,666 - Queren ver? - Si. 1091 00:57:46,750 --> 00:57:48,916 Sacou un penique e abriu a tapa. 1092 00:57:49,000 --> 00:57:49,916 Aquí está. 1093 00:57:50,000 --> 00:57:53,500 Falou con afecto daquilo e ensinoullo a Claud. 1094 00:57:53,583 --> 00:57:55,125 É millo ou orxo? 1095 00:57:55,208 --> 00:57:57,708 Avea mollada con veleno mortal. 1096 00:57:57,791 --> 00:58:01,333 Se metes un gran na boca, morres en tres minutos. 1097 00:58:01,416 --> 00:58:03,458 Non podo perder de vista a lata. 1098 00:58:03,541 --> 00:58:05,875 Acariciou a lata e sacudiuna. 1099 00:58:06,791 --> 00:58:09,000 Os grans de avea batéronse dentro. 1100 00:58:09,083 --> 00:58:12,375 Hoxe non llelo damos, porque as ratas non o comerían. 1101 00:58:12,458 --> 00:58:16,750 Hai que coñecelas. Son moi desconfiadas. 1102 00:58:16,833 --> 00:58:21,291 Hoxe dáselle avea limpa e sabedeira para que non lles faga mal. 1103 00:58:21,375 --> 00:58:24,125 Só para engordalas, e mañá o mesmo. 1104 00:58:24,208 --> 00:58:26,583 E pasado mañá e mais o día despois. 1105 00:58:26,666 --> 00:58:31,083 Gustaralles tanto que axiña virán todas as ratas do distrito. 1106 00:58:31,166 --> 00:58:32,000 Moi listo. 1107 00:58:32,083 --> 00:58:34,958 Hai que ser listo, máis listo ca as ratas. 1108 00:58:35,041 --> 00:58:36,500 Que xa é dicir. 1109 00:58:36,583 --> 00:58:38,708 "Case ten que ser unha rata", dixen. 1110 00:58:38,791 --> 00:58:43,333 Escapoume, non o puiden evitar. Estaba mirando para el. 1111 00:58:43,416 --> 00:58:45,125 Causoulle un grande efecto. 1112 00:58:45,208 --> 00:58:46,291 - Xusto! - …berrou. 1113 00:58:46,375 --> 00:58:48,416 Vostede entendeuno. Aí falou. 1114 00:58:48,500 --> 00:58:51,458 Un bo cazarratas ten que parecerse a unha rata. 1115 00:58:51,541 --> 00:58:55,708 Ser aínda máis listo ca unha rata, e iso non é doado. 1116 00:58:56,708 --> 00:58:58,208 Veña, vamos. Teño présa. 1117 00:58:58,291 --> 00:59:01,500 Leonora Benson chamoume ao pazo con urxencia. 1118 00:59:01,583 --> 00:59:02,666 Tamén ten ratas? 1119 00:59:02,750 --> 00:59:04,208 Todo o mundo ten ratas. 1120 00:59:04,708 --> 00:59:07,041 O cazarratas foi cara á entrada. 1121 00:59:07,125 --> 00:59:09,958 O seu andar parecíase moito ao dunha rata. 1122 00:59:10,041 --> 00:59:13,541 Ese andar lento, suave, torcendo moito os xeonllos, 1123 00:59:13,625 --> 00:59:16,083 sen faceren ruído na grava os seus pasos. 1124 00:59:16,625 --> 00:59:19,750 Saltou a cancela e deu unha volta arredor do palleiro, 1125 00:59:19,833 --> 00:59:21,958 ciscando mandas de avea polo chan. 1126 00:59:22,458 --> 00:59:25,041 Ao día seguinte volveu e fixo o mesmo. 1127 00:59:25,125 --> 00:59:28,000 O día despois volveu vir, e o seguinte tamén. 1128 00:59:28,083 --> 00:59:31,416 Finalmente, no cuarto día, botou a avea envelenada. 1129 00:59:31,500 --> 00:59:34,875 Pero non a ciscou, senón que a puxo en moreas 1130 00:59:34,958 --> 00:59:36,375 arredor do palleiro. 1131 00:59:39,291 --> 00:59:41,041 - Teñen can? - Si. 1132 00:59:41,125 --> 00:59:44,916 Se queren que morra unha morte horrible, ábranlle a cancela. 1133 00:59:45,000 --> 00:59:47,083 Ao outro día, veu coller os mortos. 1134 00:59:47,166 --> 00:59:50,000 Déixenme un saco vello para metelos. 1135 00:59:50,083 --> 00:59:53,458 Estaba todo gabancioso, os ollos brillábanlle de orgullo. 1136 00:59:53,541 --> 00:59:56,958 Íalle mostrar ao público os resultados da captura. 1137 00:59:57,041 --> 00:59:59,833 Claud colleu un saco e cruzamos o camiño. 1138 00:59:59,916 --> 01:00:04,416 El andaba arredor do palleiro. Abaixouse para mirar unha morea de veleno. 1139 01:00:04,500 --> 01:00:06,375 - Fallou algo. - …murmurou. 1140 01:00:06,458 --> 01:00:08,041 Tiña voz suave e cabreada. 1141 01:00:08,125 --> 01:00:11,458 Axeonllouse diante doutra morea para examinala. 1142 01:00:11,541 --> 01:00:13,958 - Algo fallou, carallo. - Que pasou? 1143 01:00:14,041 --> 01:00:17,125 Non contestou, pero as ratas non tocaran o cebo. 1144 01:00:17,208 --> 01:00:19,333 "Estas ratas son moi listas", dixen. 1145 01:00:19,416 --> 01:00:22,625 O home estaba cabreado, notábaselle na cara, no nariz 1146 01:00:22,708 --> 01:00:26,041 e en que cravaba os dentes amarelos no labio inferior. 1147 01:00:26,125 --> 01:00:28,666 - Déixese de caralladas. - …dixo, mirándome. 1148 01:00:28,750 --> 01:00:31,625 O que pasa é que alguén lles dá de comer. 1149 01:00:31,708 --> 01:00:34,458 Teñen comida rica en algures, e moita. 1150 01:00:34,541 --> 01:00:38,625 As ratas non rexeitan a avea, non sendo que estean ben fartas. 1151 01:00:38,708 --> 01:00:40,416 O home deu a volta, calado. 1152 01:00:40,500 --> 01:00:43,916 Comezou a coller a avea envelenada cunha pa 1153 01:00:44,000 --> 01:00:46,208 e meteuna nunha lata. 1154 01:00:46,291 --> 01:00:49,416 Ao acabar, os tres volvemos cruzar o camiño. 1155 01:00:51,000 --> 01:00:54,875 O cazarratas estaba onda o surtidor, triste e derrotado. 1156 01:00:54,958 --> 01:00:57,541 A súa cara colleu aspecto taciturno. 1157 01:00:57,625 --> 01:01:01,416 Encerrouse en si polo fracaso, cos ollos agachados e rabiosos, 1158 01:01:01,500 --> 01:01:04,708 sacando a lingua a un lado dos dentes amarelos. 1159 01:01:04,791 --> 01:01:08,083 Botoume unha mirada furtiva e logo outra a Claud. 1160 01:01:08,166 --> 01:01:10,125 Moveu o nariz para cheirar o ar. 1161 01:01:10,208 --> 01:01:13,208 Púxose na punta dos pés, balanceándose, 1162 01:01:13,291 --> 01:01:15,833 e, con ton suave e confidencial, dixo: 1163 01:01:15,916 --> 01:01:17,291 Queren ver algo? 1164 01:01:17,375 --> 01:01:19,625 Quería recuperar a súa reputación. 1165 01:01:19,708 --> 01:01:21,750 - Que? - Queren ver algo asombroso? 1166 01:01:21,833 --> 01:01:24,916 Meteu a man dereita no peto de fóra da chaqueta 1167 01:01:25,000 --> 01:01:28,541 e sacou unha rata viva grande, que agarraba ben cos dedos. 1168 01:01:28,625 --> 01:01:29,541 Carafio! 1169 01:01:30,208 --> 01:01:31,166 Ven? 1170 01:01:31,250 --> 01:01:33,916 Abaixouse un pouco e estirou o pescozo, 1171 01:01:34,000 --> 01:01:37,041 mirándonos lascivamente coa enorme rata na man, 1172 01:01:37,125 --> 01:01:40,125 agarrándoa polo pescozo co polgar e outro dedo, 1173 01:01:40,208 --> 01:01:42,416 trincándoa ben para que non mordese. 1174 01:01:42,500 --> 01:01:44,333 Sempre leva ratas no peto? 1175 01:01:44,416 --> 01:01:46,375 Sempre levo unha ou dúas encima. 1176 01:01:46,458 --> 01:01:50,000 Meteu a outra man no peto e sacou algo pequeno e branco. 1177 01:01:50,083 --> 01:01:52,708 - É un furón? - O cazarratas sorriu e bisbou. 1178 01:01:52,791 --> 01:01:55,333 O furón parecía coñecelo e non se moveu. 1179 01:01:55,416 --> 01:01:57,791 Nada mata ratas máis axiña ca o furón. 1180 01:01:57,875 --> 01:02:00,291 Tiña os dous animais preto diante del. 1181 01:02:00,375 --> 01:02:03,625 O nariz do furón estaba a 15 cm da cara da rata. 1182 01:02:03,708 --> 01:02:06,291 Os ollos brillantes do furón miraban a rata. 1183 01:02:06,375 --> 01:02:08,916 A rata tentaba arredarse do asasino. 1184 01:02:09,000 --> 01:02:10,125 - E agora… - …dixo. 1185 01:02:10,208 --> 01:02:11,041 …miren. 1186 01:02:13,208 --> 01:02:15,125 Tiña a camisa caqui desabotoada. 1187 01:02:15,208 --> 01:02:18,708 Colleu a rata e meteuna por dentro, pegada á pel. 1188 01:02:18,791 --> 01:02:21,625 O cinto non a deixaba baixar da cintura. 1189 01:02:21,708 --> 01:02:23,333 Logo meteu o furón. 1190 01:02:23,416 --> 01:02:26,250 De súpeto, armouse un rebumbio debaixo da camisa. 1191 01:02:26,333 --> 01:02:29,875 A rata corría arredor do corpo e o furón seguíaa. 1192 01:02:29,958 --> 01:02:33,916 Deron seis ou sete voltas, o vulto pequeno seguindo o grande, 1193 01:02:34,000 --> 01:02:37,000 achegándoselle cada vez máis, 1194 01:02:37,083 --> 01:02:39,625 ata xuntárense os dous vultos. 1195 01:02:39,708 --> 01:02:42,666 Houbo pelexa e uns berros estridentes. 1196 01:02:42,750 --> 01:02:45,666 Mentres pasaba isto, o cazarratas estivo inmóbil, 1197 01:02:45,750 --> 01:02:51,250 coas pernas separadas, os brazos colgados e os ollos mirando a cara tesa de Claud. 1198 01:02:52,041 --> 01:02:55,666 Logo, meteu a man debaixo da camisa 1199 01:02:55,750 --> 01:02:57,041 e sacou o furón. 1200 01:02:57,541 --> 01:02:59,500 Coa outra, sacou a rata morta. 1201 01:03:00,000 --> 01:03:02,875 Había restos de sangue no fociño do furón. 1202 01:03:04,416 --> 01:03:06,708 "Non me deu moito gusto iso", dixen. 1203 01:03:06,791 --> 01:03:09,291 Aposto a que nunca viron nada así antes. 1204 01:03:09,791 --> 01:03:10,708 Pois non. 1205 01:03:11,208 --> 01:03:13,916 Un día vano morder na barriga. 1206 01:03:14,000 --> 01:03:17,916 …díxolle Claud, pero estaba intrigado, e o cazarratas púxose chulo. 1207 01:03:18,000 --> 01:03:19,958 Queren ver algo máis asombroso? 1208 01:03:20,041 --> 01:03:23,125 Algo que non crerían se non o visen cos seus ollos? 1209 01:03:23,208 --> 01:03:25,750 Mirei a Claud con moita desconfianza. 1210 01:03:27,875 --> 01:03:28,708 Si. 1211 01:03:29,375 --> 01:03:32,875 O cazarratas meteu a rata nun peto e o furón noutro. 1212 01:03:32,958 --> 01:03:36,833 Logo meteu a man no macuto e sacou outra rata viva. 1213 01:03:36,916 --> 01:03:37,750 Carafio! 1214 01:03:37,833 --> 01:03:40,333 Sempre levo unha ou dúas ratas encima. 1215 01:03:40,416 --> 01:03:41,958 Hai que coñecer as ratas. 1216 01:03:42,041 --> 01:03:44,625 E, para coñecelas, hai que telas preto. 1217 01:03:44,708 --> 01:03:48,333 Esta é de sumidoiro. Vella e lista coma un allo. 1218 01:03:48,416 --> 01:03:51,833 Ven como me mira seguido, adiviñando que vou facer? 1219 01:03:51,916 --> 01:03:53,416 - Ven? - Moi desagradable. 1220 01:03:53,500 --> 01:03:54,833 Que vai facer? 1221 01:03:54,916 --> 01:03:58,083 Esta demostración íame gustar menos aínda. 1222 01:03:58,166 --> 01:04:01,208 - Pásenme un cordel. - Claud pasoullo. 1223 01:04:01,291 --> 01:04:03,708 O cazarratas atoulle unha pata traseira. 1224 01:04:03,791 --> 01:04:06,166 A rata remexeuse, pero el agarrouna ben. 1225 01:04:06,708 --> 01:04:08,208 Teñen unha mesa dentro? 1226 01:04:08,291 --> 01:04:10,333 Non queremos a rata dentro. 1227 01:04:10,416 --> 01:04:12,750 Cómpreme unha mesa ou algo chan. 1228 01:04:12,833 --> 01:04:16,041 Fomos ao surtidor e o cazarratas puxo a rata encima. 1229 01:04:16,125 --> 01:04:19,625 Atou o cordel a un poste para amarrar a rata. 1230 01:04:19,708 --> 01:04:22,208 Ela encolleuse, inmóbil e desconfiada, 1231 01:04:22,291 --> 01:04:24,500 unha gran rata gris con ollos negros 1232 01:04:24,583 --> 01:04:28,083 e rabo con escamas, enroscado sobre a superficie metálica. 1233 01:04:28,166 --> 01:04:32,333 Miraba o cazarratas de esguello para ver que ía facer. 1234 01:04:32,416 --> 01:04:36,083 O cazarratas arredouse uns pasos e a rata relaxouse ao momento. 1235 01:04:36,166 --> 01:04:37,541 Sentou nas ancas 1236 01:04:37,625 --> 01:04:39,875 e lambeu a pel gris do peito. 1237 01:04:39,958 --> 01:04:42,500 Logo rañou o fociño coas garras de diante. 1238 01:04:42,583 --> 01:04:45,791 Semellaba despreocupada dos homes que estaban alí. 1239 01:04:45,875 --> 01:04:48,250 - Apostamos algo? - …dixo o cazarratas. 1240 01:04:48,333 --> 01:04:49,833 "Non, grazas", dixen eu. 1241 01:04:49,916 --> 01:04:53,125 - É máis divertido se se aposta. - A que quere apostar? 1242 01:04:53,208 --> 01:04:56,166 Apóstolles a que mato esa rata sen usar as mans. 1243 01:04:56,250 --> 01:04:58,541 Métoas no peto e non as uso. 1244 01:04:58,625 --> 01:05:01,208 Estaba claro que el quería gañar cartos. 1245 01:05:01,291 --> 01:05:04,750 Mirei á rata que ía morrer e empecei a sentirme mareado. 1246 01:05:04,833 --> 01:05:06,625 Non porque a fose matar, 1247 01:05:06,708 --> 01:05:09,125 senón pola maneira en que a ía matar, 1248 01:05:09,208 --> 01:05:11,291 cun entusiasmo considerable. 1249 01:05:11,375 --> 01:05:13,125 - Daralle patadas. - Non. 1250 01:05:13,208 --> 01:05:15,916 - Cos brazos? - Nin brazos nin pernas nin mans. 1251 01:05:16,000 --> 01:05:17,375 - Sentarase nela. - Non. 1252 01:05:17,458 --> 01:05:19,625 - A ver, logo. - Aposten unha libra. 1253 01:05:19,708 --> 01:05:21,416 Polo carallo. Por que? 1254 01:05:21,500 --> 01:05:23,208 - Canto apostaría? - Cero. 1255 01:05:23,291 --> 01:05:24,666 Vale. Entón, nada. 1256 01:05:25,166 --> 01:05:27,541 - Fixo que ía ceibala. - Aposto un xilin. 1257 01:05:27,625 --> 01:05:29,583 A sensación de mareo aumentaba, 1258 01:05:29,666 --> 01:05:32,291 pero isto tiña unha inexplicable atracción. 1259 01:05:32,375 --> 01:05:34,750 Eu era incapaz de marchar ou de moverme. 1260 01:05:34,833 --> 01:05:35,958 - Vostede tamén? - Non. 1261 01:05:36,041 --> 01:05:37,625 Quere que o faga por iso? 1262 01:05:37,708 --> 01:05:39,708 - Eu non quero. - U-los cartos? 1263 01:05:39,791 --> 01:05:41,541 Claud puxo un xilin. 1264 01:05:41,625 --> 01:05:44,458 O cazarratas puxo dúas moedas de seis peniques. 1265 01:05:44,541 --> 01:05:45,375 Feito. 1266 01:05:45,458 --> 01:05:46,666 Nós arredamos. 1267 01:05:46,750 --> 01:05:49,166 El achegouse, meteu as mans no peto 1268 01:05:49,250 --> 01:05:51,833 e inclinou o corpo cara á rata. 1269 01:05:51,916 --> 01:05:56,250 A rata encolleuse, asustada. Parecía que ía saltar á cara do cazarratas, 1270 01:05:56,333 --> 01:06:00,416 pero empezou a cear atrás, arrastrando amodo o corpo, encollida, 1271 01:06:00,500 --> 01:06:02,708 ata que o cordel da pata se tensou. 1272 01:06:02,791 --> 01:06:07,541 Inclinouse máis cara á rata, seguíndoa cos ollos adiante e atrás. De súpeto… 1273 01:06:07,625 --> 01:06:10,208 - Ela asustouse. - …e saltou polo aire. 1274 01:06:13,125 --> 01:06:16,791 Quedou colgada do cordel, debeu derrancar a perna do tirón. 1275 01:06:16,875 --> 01:06:20,250 Encolleuse no lateral do surtidor, no cabo do cordel, 1276 01:06:20,333 --> 01:06:23,333 cos bigotes tremendo e o corpo longo teso co medo. 1277 01:06:23,416 --> 01:06:26,666 Logo, o cazarratas comezou a mover a cara moi amodo, 1278 01:06:26,750 --> 01:06:27,875 achegándose a ela. 1279 01:06:27,958 --> 01:06:31,083 Eu quería berrarlle que parase, pero non daba falado. 1280 01:06:31,166 --> 01:06:34,666 Ía pasar algo moi desagradable, diso estaba seguro. 1281 01:06:34,750 --> 01:06:38,208 Algo sinistro e cruel, pero agora tiña que velo. 1282 01:06:38,791 --> 01:06:41,583 Había menos dun palmo entre as dúas caras. 1283 01:06:41,666 --> 01:06:44,375 A rata encolleuse, tensa e aterrorizada. 1284 01:06:44,458 --> 01:06:45,833 El tamén estaba tenso, 1285 01:06:45,916 --> 01:06:49,208 pero cunha tensión activa, coma un resorte aprisionado. 1286 01:06:49,291 --> 01:06:52,041 Debuxóuselle un sorriso nos beizos. 1287 01:06:52,125 --> 01:06:53,958 Logo, de súpeto, atacou, 1288 01:06:54,041 --> 01:06:55,083 coma unha cobra, 1289 01:06:55,166 --> 01:06:57,916 cun movemento da cabeza, rápido coma unha coitelada… 1290 01:06:58,000 --> 01:07:00,041 …que saía dos músculos inferiores… 1291 01:07:00,125 --> 01:07:02,666 …e eu albisquei a súa boca aberta de todo… 1292 01:07:02,750 --> 01:07:03,791 …e dous dentes… 1293 01:07:03,875 --> 01:07:06,541 …e a cara desfigurada coa boca aberta. 1294 01:07:07,875 --> 01:07:09,791 Non quixen ver máis. 1295 01:07:09,875 --> 01:07:13,333 Pechei os ollos e, cando os abrín, a rata estaba morta. 1296 01:07:13,416 --> 01:07:15,958 O cazarratas meteu os cartos no peto 1297 01:07:16,041 --> 01:07:17,750 e cuspiu para lavar a boca. 1298 01:07:19,833 --> 01:07:21,791 Con iso é co que fan a regalicia. 1299 01:07:21,875 --> 01:07:25,791 As fábricas de chocolate usan sangue de rata para facer regalicia. 1300 01:07:25,875 --> 01:07:28,000 O sangue de rata non ten mal ningún. 1301 01:07:30,708 --> 01:07:32,458 Vostede é repugnante. 1302 01:07:32,541 --> 01:07:35,041 Pero vostede comeuno moitas veces. 1303 01:07:35,125 --> 01:07:38,166 As regalicias fanse con sangue de rata. 1304 01:07:38,250 --> 01:07:40,375 Non nos conte máis nada, grazas. 1305 01:07:40,458 --> 01:07:43,208 Férveno en caldeiras, a burbullar e fumegar, 1306 01:07:43,291 --> 01:07:45,333 que remexen homes con paus longos. 1307 01:07:45,416 --> 01:07:47,875 É un segredo das fábricas de chocolate 1308 01:07:47,958 --> 01:07:51,791 e ninguén o sabe, agás os cazarratas que fornecen o produto. 1309 01:07:51,875 --> 01:07:54,291 Notou que os espectadores non o seguían. 1310 01:07:54,375 --> 01:07:57,625 Notábasenos a hostilidade, repugnancia e enfado na cara. 1311 01:07:58,625 --> 01:08:01,375 Parou e deu a volta sen dicir nada máis. 1312 01:08:01,458 --> 01:08:05,625 Mirámolo marchar cara á estrada co seu andar lento, delicado e pausado. 1313 01:08:06,125 --> 01:08:08,916 Os seus pasos non se oían, nin sequera na grava. 1314 01:08:22,291 --> 01:08:23,125 Que raro! 1315 01:08:24,000 --> 01:08:26,333 As ratas non comeron a avea envelenada. 1316 01:08:27,291 --> 01:08:31,291 Debe haber algo nutritivo no palleiro. 1317 01:08:47,666 --> 01:08:51,041 A finais dos 40, Dahl viviu en Wisteria Cottage, Amersham, 1318 01:08:51,125 --> 01:08:52,875 onde escribiu Claud's Dog, 1319 01:08:52,958 --> 01:08:56,708 unha colección de contos breves inspirados na vida desta zona. 1320 01:08:56,791 --> 01:08:58,583 The Ratcatcher é un deles. 1321 01:09:15,958 --> 01:09:17,666 Cheguei á casa á medianoite. 1322 01:09:18,875 --> 01:09:21,500 De camiño ao bungaló, apaguei as luces 1323 01:09:21,583 --> 01:09:24,708 para que non desen na ventá e espertasen a Harry Pope. 1324 01:09:24,791 --> 01:09:27,083 Non facía falta. Tiña a luz acesa. 1325 01:09:27,166 --> 01:09:29,083 Aparquei, fun cara á entrada, 1326 01:09:29,166 --> 01:09:32,666 contando os pasos, para non dar ningún de máis, 1327 01:09:32,750 --> 01:09:34,083 Un, dous, tres, catro. 1328 01:09:39,375 --> 01:09:42,041 Fun ao cuarto de Harry, abrín e mirei. 1329 01:09:42,583 --> 01:09:45,583 Estaba na cama, esperto. Non se moveu nin me mirou. 1330 01:09:45,666 --> 01:09:47,375 Pero oínlle murmurar baixiño… 1331 01:09:47,875 --> 01:09:48,750 Axuda. 1332 01:09:48,833 --> 01:09:49,666 "Axuda?" 1333 01:09:52,833 --> 01:09:54,875 Abrín a porta e entrei. 1334 01:09:54,958 --> 01:09:55,791 Para. 1335 01:09:55,875 --> 01:10:00,083 "Para?" Case non oía nada. Parecía que lle custaba moito falar. 1336 01:10:00,708 --> 01:10:02,041 - Axuda. - "Axuda?" 1337 01:10:02,666 --> 01:10:03,958 Que pasa, Harry? 1338 01:10:04,041 --> 01:10:06,208 Saca zapatos. 1339 01:10:06,958 --> 01:10:08,875 "Saca zapatos?" 1340 01:10:08,958 --> 01:10:11,875 Lembraba a George Barling tras recibir un disparo, 1341 01:10:11,958 --> 01:10:16,375 arrimándose no motor de reposto do avión, murmurando sobre o piloto xaponés 1342 01:10:16,458 --> 01:10:19,250 e bisbando a duras penas coma Harry agora. 1343 01:10:19,750 --> 01:10:21,791 Logo George Barling anicouse… 1344 01:10:21,875 --> 01:10:22,708 e morreu. 1345 01:10:23,583 --> 01:10:24,583 Saca zapatos. 1346 01:10:25,250 --> 01:10:26,333 "Saca zapatos?" 1347 01:10:28,375 --> 01:10:30,958 Non entendía, pero non ía protestar. 1348 01:10:37,875 --> 01:10:39,708 - Que pasa, Harry? - Non toques. 1349 01:10:42,166 --> 01:10:45,291 Estaba deitado, cunha saba por riba do corpo. 1350 01:10:45,375 --> 01:10:47,666 Tiña posto o pixama e suaba moitísimo. 1351 01:10:47,750 --> 01:10:50,000 Facía calor. Eu suaba, pero non tanto. 1352 01:10:50,083 --> 01:10:52,416 Tiña a cara e a almofada empapadas. 1353 01:10:52,500 --> 01:10:53,833 Pareceume malaria. 1354 01:10:53,916 --> 01:10:55,250 - Que pasa? - Krait. 1355 01:10:55,333 --> 01:10:56,208 - Que? - Krait. 1356 01:10:56,291 --> 01:10:57,750 - Krait? - Cobra. 1357 01:10:58,833 --> 01:11:01,500 - Picoute unha? Onde, canto tempo hai? - Non. 1358 01:11:01,583 --> 01:11:02,416 Que? 1359 01:11:06,083 --> 01:11:07,291 Non picou aínda. 1360 01:11:09,333 --> 01:11:11,541 Iso confundiume. Mireino sorprendido. 1361 01:11:13,458 --> 01:11:16,250 Krait na barriga, durmida. 1362 01:11:19,125 --> 01:11:20,875 Saltei para atrás. 1363 01:11:20,958 --> 01:11:23,583 Mireille a barriga e a saba que a cubría. 1364 01:11:23,666 --> 01:11:26,166 Era imposible saber se había algo debaixo. 1365 01:11:26,916 --> 01:11:29,833 Como? Tes unha cobra durmindo na barriga? 1366 01:11:29,916 --> 01:11:30,750 Si. 1367 01:11:38,291 --> 01:11:39,333 Como chegou aí? 1368 01:11:39,916 --> 01:11:43,250 Non debín preguntar. Debín dicirlle que non falase. 1369 01:11:44,750 --> 01:11:51,000 Deitado, lendo. Notei algo no peito, tras libro. 1370 01:11:51,083 --> 01:11:52,041 Facendo cóxegas. 1371 01:11:54,333 --> 01:11:59,875 De esguello vin krait deslizándose sobre pixama. 1372 01:12:00,541 --> 01:12:03,166 Pequena. Uns 25 cm. 1373 01:12:04,250 --> 01:12:08,083 Sabía que non podía moverme. Quedei teso, mirándoa. 1374 01:12:08,750 --> 01:12:12,208 Pensei que iría por riba da saba. 1375 01:12:12,291 --> 01:12:13,916 Harry calou un momento. 1376 01:12:14,000 --> 01:12:17,250 Non quería molestala falando. 1377 01:12:19,041 --> 01:12:20,625 Pero meteuse por baixo. 1378 01:12:22,000 --> 01:12:26,125 Noteina debaixo do pixama, movéndose na barriga. 1379 01:12:27,125 --> 01:12:31,541 Logo parou. Agora está aí durmindo. 1380 01:12:35,291 --> 01:12:36,458 Estiven esperando. 1381 01:12:37,375 --> 01:12:38,875 - Canto tempo? - Horas. 1382 01:12:39,833 --> 01:12:42,208 Horas e horas, carallo. 1383 01:12:42,750 --> 01:12:45,541 Non aguanto inmóbil moito máis. Teño que tusir. 1384 01:12:48,875 --> 01:12:49,875 De feito, 1385 01:12:49,958 --> 01:12:52,375 iso non era raro nunha krait. 1386 01:12:52,958 --> 01:12:56,041 Andan arredor das casas e buscan sitios quentes. 1387 01:12:56,125 --> 01:12:59,416 O sorprendente era que aínda non picase a Harry. 1388 01:12:59,500 --> 01:13:04,625 A picadura é mortal, non sendo que teñas un antídoto contra o veleno á man. 1389 01:13:05,458 --> 01:13:07,666 Son delgadiñas e pequenas, coma esta. 1390 01:13:09,916 --> 01:13:15,666 Podería entrar unha por unha fenda da porta do cuarto dun neno, por exemplo. 1391 01:13:17,125 --> 01:13:21,416 O encargado dunha plantación de té díxome que unha picara unha ovella. 1392 01:13:21,500 --> 01:13:26,000 Cando abriu a ovella en canal, o sangue era negro coma o pote. 1393 01:13:29,916 --> 01:13:32,833 "Vale, Harry", dixen. Agora tamén eu bisbaba. 1394 01:13:33,333 --> 01:13:35,666 Non te movas e non fales se non cómpre. 1395 01:13:35,750 --> 01:13:38,333 Se non se asusta, non pica. Arranxarémolo. 1396 01:13:41,041 --> 01:13:45,250 Saín do cuarto con coidado e collín un coitelo afiado na cociña. 1397 01:13:45,333 --> 01:13:49,500 Metino no peto, listo para usalo se Harry asustaba a krait e o picaba. 1398 01:13:49,583 --> 01:13:52,083 Listo para cortar a Harry e sacar o veleno. 1399 01:13:52,958 --> 01:13:54,583 "Harry", dixen. 1400 01:13:54,666 --> 01:13:58,750 Creo que o mellor é apartar a saba con coidado e botar unha ollada. 1401 01:13:59,375 --> 01:14:00,958 Ti es parvo! 1402 01:14:03,041 --> 01:14:06,708 A súa voz era inexpresiva, falaba demasiado baixo e suave. 1403 01:14:06,791 --> 01:14:10,125 A expresión tíñaa nos ollos e na comisura dos beizos. 1404 01:14:10,750 --> 01:14:14,750 A luz asustaraa. A cobra matarame. 1405 01:14:16,583 --> 01:14:17,416 Tes razón. 1406 01:14:18,375 --> 01:14:22,791 - E se ergo a saba e a guindo tan pronto…? - Chama médico. 1407 01:14:24,375 --> 01:14:27,500 Miroume coma se xa o debera ter pensado eu. 1408 01:14:27,583 --> 01:14:30,166 Un médico, claro. Chamarei o Dr. Ganderbai. 1409 01:14:30,250 --> 01:14:34,791 Saín, mirei o número do Dr. Ganderbai, collín o teléfono e apurei á operadora. 1410 01:14:40,083 --> 01:14:43,458 - Son o encargado Woods. - Ola. Aínda non está na cama? 1411 01:14:43,541 --> 01:14:45,666 Veña e traia soro. Para unha krait. 1412 01:14:45,750 --> 01:14:47,500 Unha krait? A quen picou? 1413 01:14:47,583 --> 01:14:50,000 Soou coma unha explosión na orella. 1414 01:14:50,083 --> 01:14:51,208 A ninguén, aínda. 1415 01:14:51,291 --> 01:14:54,166 Harry ten unha durmindo na barriga baixo a saba. 1416 01:14:54,250 --> 01:14:56,333 Houbo un silencio de tres segundos. 1417 01:14:58,416 --> 01:15:02,000 Falando amodo, non coma unha explosión, o Dr. Ganderbai dixo… 1418 01:15:02,083 --> 01:15:04,958 Que non se mova nin fale. Entende? 1419 01:15:05,041 --> 01:15:06,958 - Claro, doutor. - Vou agora. 1420 01:15:07,041 --> 01:15:08,750 Colgou e eu volvín ao cuarto. 1421 01:15:11,583 --> 01:15:13,208 Os ollos de Harry chamaban. 1422 01:15:13,291 --> 01:15:15,166 Ganderbai xa vén. Non te movas. 1423 01:15:15,916 --> 01:15:17,541 Que carallo pensa que fago? 1424 01:15:17,625 --> 01:15:19,125 Non podemos falar. 1425 01:15:19,208 --> 01:15:20,541 Cala a boca, logo. 1426 01:15:21,416 --> 01:15:24,583 Os músculos dun lado da boca, os de sorrir, 1427 01:15:24,666 --> 01:15:28,833 movíanselle espasmodicamente, mesmo cando xa acabara de falar. 1428 01:15:29,333 --> 01:15:31,750 Non me gustou iso nin como me falou. 1429 01:15:33,125 --> 01:15:35,208 Chegou o coche do Dr. Ganderbai. 1430 01:15:37,166 --> 01:15:38,333 Saín recibilo. 1431 01:15:41,625 --> 01:15:44,375 - Onde está? - Non esperou pola miña resposta. 1432 01:15:44,458 --> 01:15:47,791 Entrou no vestíbulo, deixou o bolso nunha cadeira. 1433 01:15:47,875 --> 01:15:49,791 Levaba zapatillas de casa. 1434 01:15:49,875 --> 01:15:52,791 Andaba sen facer ruído, coma un gato silencioso. 1435 01:15:52,875 --> 01:15:54,875 Harry mirou de esguello. 1436 01:15:54,958 --> 01:15:57,583 Ao chegar á cama, mirou a Harry e sorriu. 1437 01:15:57,666 --> 01:15:59,833 Tranquilizouno asentindo e dixo… 1438 01:15:59,916 --> 01:16:03,208 Non se preocupe. Isto é doado. Xa me encargo eu. 1439 01:16:03,291 --> 01:16:05,291 Foi á cociña e eu seguino. 1440 01:16:07,125 --> 01:16:08,125 Abriu o bolso. 1441 01:16:08,208 --> 01:16:12,166 Hai que meterlle soro, pero con coidado. Non se pode queixar. 1442 01:16:12,250 --> 01:16:14,750 Tiña unha inxección e un frasco nas mans. 1443 01:16:14,833 --> 01:16:17,333 Cravou a agulla e sacou un líquido amarelo. 1444 01:16:17,416 --> 01:16:19,875 - Deuma a min. - Agárrea ata que lla pida. 1445 01:16:19,958 --> 01:16:21,083 Volvemos ao cuarto. 1446 01:16:26,375 --> 01:16:28,500 A Harry brillábanlle os ollos. 1447 01:16:28,583 --> 01:16:32,833 O Dr. Ganderbai remangouno con coidado ata o cóbado, sen mover o brazo. 1448 01:16:32,916 --> 01:16:35,208 Estaba separado da cama. Murmuroulle… 1449 01:16:35,291 --> 01:16:38,416 Voulle dar unha inxección. Unha picada. Non se mova. 1450 01:16:38,500 --> 01:16:41,166 Non aperte os músculos da barriga. Reláxeos. 1451 01:16:41,250 --> 01:16:44,375 Harry mirou a xiringa. Volveulle o espasmo aos beizos. 1452 01:16:45,708 --> 01:16:49,291 O Dr. Ganderbai colleu un tubo de goma e atoullo ao bíceps. 1453 01:16:49,375 --> 01:16:52,041 Limpou con alcohol un cacho do antebrazo. 1454 01:16:52,125 --> 01:16:56,541 Ergueu a xiringa, mirou a medida e botou algo do líquido amarelo. 1455 01:16:56,625 --> 01:16:58,250 Harry tiña a cara suada, 1456 01:16:58,333 --> 01:17:01,833 brillaba coma se se lle derretese unha crema facial na pel. 1457 01:17:01,916 --> 01:17:05,458 Vía a vea azul do seu antebrazo, inchada polo torniquete. 1458 01:17:05,541 --> 01:17:08,833 Vin a agulla sobre a vea, pegada ao brazo. 1459 01:17:08,916 --> 01:17:11,250 Logo introduciuna de lado na vea, 1460 01:17:11,333 --> 01:17:14,166 amodo e firme, e entrou fácil coma no queixo. 1461 01:17:14,250 --> 01:17:17,250 Harry mirou o teito, pechou os ollos e abriunos. 1462 01:17:17,333 --> 01:17:19,583 Ganderbai achegou a boca á súa orella. 1463 01:17:19,666 --> 01:17:23,791 Agora non pasará nada aínda que o pique. Non se mova, volvo agora. 1464 01:17:24,500 --> 01:17:27,541 - "Está salvado?", preguntei. - Depende. 1465 01:17:27,625 --> 01:17:30,458 Ganderbai limpou a fronte e mordeu os beizos. 1466 01:17:30,541 --> 01:17:33,458 Hai solución para isto. 1467 01:17:33,541 --> 01:17:36,333 Falaba amodo, tratando de pensar mentres falaba. 1468 01:17:38,250 --> 01:17:42,291 Ímoslle administrar a anestesia 1469 01:17:42,375 --> 01:17:45,208 ao bicho, tal como está. 1470 01:17:46,916 --> 01:17:48,333 Era unha magnífica idea. 1471 01:17:48,416 --> 01:17:53,125 Non é seguro, as cobras teñen sangue frío. A anestesia non actúa rápido nelas. 1472 01:17:53,208 --> 01:17:55,166 Non se me ocorre nada máis. 1473 01:17:55,250 --> 01:17:57,125 - Éter ou cloroformo? - Asentín. 1474 01:17:57,208 --> 01:17:59,583 - Cal? - Preguntábame a min? Eu non sei. 1475 01:17:59,666 --> 01:18:00,500 Cloroformo! 1476 01:18:01,083 --> 01:18:03,000 Levoume polo brazo ao vestíbulo. 1477 01:18:04,458 --> 01:18:07,250 Vaia á miña casa. O rapaz estarao esperando. 1478 01:18:07,333 --> 01:18:09,291 A chave do armario dos velenos. 1479 01:18:09,375 --> 01:18:14,500 Colla o cloroformo. Na etiqueta laranxa ten o nome. Eu quedo aquí por se acaso. 1480 01:18:14,583 --> 01:18:15,833 Vaia lixeiro! 1481 01:18:15,916 --> 01:18:17,666 - Os zapatos… - Non fan falta. 1482 01:18:20,250 --> 01:18:23,916 Fun rápido e en 15 minutos xa volvera co frasco de cloroformo. 1483 01:18:26,500 --> 01:18:29,916 Sabe o que imos facer, pero estase poñendo nervioso. 1484 01:18:30,000 --> 01:18:32,083 Non sei canto tempo aguantará. 1485 01:18:35,833 --> 01:18:38,708 Harry seguía deitado na mesma posición ca antes. 1486 01:18:38,791 --> 01:18:42,041 Tiña a cara pálida e suada. Virou os ollos cara a min. 1487 01:18:42,125 --> 01:18:43,708 Eu sorrinlle e asentín. 1488 01:18:44,250 --> 01:18:46,666 Ganderbai colleu o tubo do torniquete 1489 01:18:46,750 --> 01:18:49,125 e enganchoulle un funil de papel. 1490 01:18:49,208 --> 01:18:51,750 Afrouxou algo a saba de debaixo do colchón, 1491 01:18:51,833 --> 01:18:55,500 colleu o tubo e meteuno debaixo da saba cara ao corpo de Harry. 1492 01:18:56,333 --> 01:18:58,541 Non sei o que lle levou meter o tubo. 1493 01:18:58,625 --> 01:19:01,708 Entre 20 e 40 minutos. Eu non vía moverse o tubo, 1494 01:19:01,791 --> 01:19:04,291 pero a parte visible íase acurtando. 1495 01:19:04,375 --> 01:19:06,333 O Dr. Ganderbai suaba, 1496 01:19:06,416 --> 01:19:10,291 con pingas na fronte e no labio superior, pero con mans firmes, 1497 01:19:10,375 --> 01:19:13,291 sen sacar os ollos da saba que cubría a barriga. 1498 01:19:13,375 --> 01:19:15,583 Sen mirar, pediu o cloroformo. 1499 01:19:15,666 --> 01:19:18,375 Saquei o tapón e púxenlle o frasco na man, 1500 01:19:18,458 --> 01:19:20,500 sen soltalo ata que o agarrou ben. 1501 01:19:21,666 --> 01:19:25,958 Sr. Pope, vou mollar o colchón. Vai notar frío por debaixo. 1502 01:19:26,041 --> 01:19:28,625 - Prepárese e non se mova. - Fágao xa! 1503 01:19:29,291 --> 01:19:34,333 Por primeira vez, Harry levantou a voz. O Dr. Ganderbai mirouno e logo seguiu. 1504 01:19:34,416 --> 01:19:37,541 Botou unhas gotas no funil e agardou a que baixasen. 1505 01:19:37,625 --> 01:19:38,875 Botou máis e agardou. 1506 01:19:47,541 --> 01:19:50,666 O cheiro nauseabundo do cloroformo espallouse, 1507 01:19:50,750 --> 01:19:52,541 traendo recordos desagradables 1508 01:19:52,625 --> 01:19:55,791 de enfermeiros e cirurxiáns nunha sala branca. 1509 01:19:55,875 --> 01:19:57,375 Ganderbai seguiu botando 1510 01:19:57,458 --> 01:20:01,083 e eu vía o abundante vapor que saía coma fume do funil. 1511 01:20:02,125 --> 01:20:05,166 Parou, volveu encher o funil e pasoume o frasco. 1512 01:20:05,250 --> 01:20:07,583 Sacou o tubo amodo e parou, ergueito. 1513 01:20:07,666 --> 01:20:10,250 A tensión de facer iso debeu ser enorme 1514 01:20:10,333 --> 01:20:12,583 porque a súa voz soaba así… 1515 01:20:12,666 --> 01:20:14,791 Dámoslle 15 minutos para funcionar. 1516 01:20:14,875 --> 01:20:16,291 Díxenllo a Harry. 1517 01:20:16,375 --> 01:20:18,291 - Dámoslle 15 minutos… - Xa oín! 1518 01:20:18,375 --> 01:20:21,666 O Dr. Ganderbai saltou, con cara de enfadado. 1519 01:20:21,750 --> 01:20:25,125 Mirou a Harry moi serio. Volveulle o espasmo do músculo. 1520 01:20:25,208 --> 01:20:26,833 Agardamos 15 minutos. 1521 01:20:26,916 --> 01:20:28,958 O Dr. Ganderbai mirou a Harry 1522 01:20:29,041 --> 01:20:31,541 cunha mirada intensa e penetrante, 1523 01:20:31,625 --> 01:20:35,875 concentrándose con toda a forza para que Harry non se movese. 1524 01:20:35,958 --> 01:20:38,583 Non apartou a vista del e, sen dicir nada, 1525 01:20:38,666 --> 01:20:40,541 parecía estarlle berrando. 1526 01:20:40,625 --> 01:20:43,000 - Dicíndolle… - Non se mova, non fale! 1527 01:20:43,083 --> 01:20:45,375 Non o estrague agora! Entendido? 1528 01:20:46,416 --> 01:20:50,750 Harry seguía cos espasmos, suando, pechando e abrindo os ollos, 1529 01:20:50,833 --> 01:20:52,875 mirándome a min, á saba, ao teito, 1530 01:20:52,958 --> 01:20:54,541 pero non ao Dr. Ganderbai. 1531 01:20:54,625 --> 01:20:56,833 Pero o Dr. Ganderbai facíao aguantar. 1532 01:20:58,500 --> 01:21:00,416 Era coma se se inflase un globo 1533 01:21:00,500 --> 01:21:03,125 que ía explotar, pero eu seguía mirando. 1534 01:21:03,208 --> 01:21:06,083 O Dr. Ganderbai asentiu, xa estaba preparado. 1535 01:21:06,833 --> 01:21:10,791 Póñase do outro lado. Collemos por cadanseu lado e apartamos a saba. 1536 01:21:10,875 --> 01:21:13,000 Moi amodo. Non se mova, Sr. Pope. 1537 01:21:24,333 --> 01:21:26,541 Agora víase todo o peito de Harry. 1538 01:21:26,625 --> 01:21:30,250 Vin o cinto branco do pantalón do pixama, atado nun lazo. 1539 01:21:30,333 --> 01:21:32,958 Máis abaixo, vin un botón de nácara. 1540 01:21:33,041 --> 01:21:37,000 Eu nunca tiven un botón na petrina do pixama, moito menos de nácara. 1541 01:21:37,583 --> 01:21:40,500 Ás veces pénsanse frivolidades en momentos tensos. 1542 01:21:40,583 --> 01:21:42,375 Á parte diso, nada na barriga. 1543 01:21:45,041 --> 01:21:46,208 Non se mova. 1544 01:21:46,291 --> 01:21:49,250 Ganderbai miroulle o corpo e debaixo das pernas. 1545 01:21:49,333 --> 01:21:52,125 Coidado. Pode estar na perneira do pixama. 1546 01:21:52,208 --> 01:21:53,625 Harry incorporouse. 1547 01:21:55,166 --> 01:21:56,625 A primeira vez que se movía. 1548 01:21:58,083 --> 01:22:01,041 Ergueuse, púxose de pé na cama e sacudiu as pernas. 1549 01:22:01,125 --> 01:22:02,458 Pensamos que o picara. 1550 01:22:02,541 --> 01:22:04,250 Ganderbai colleu un bisturí, 1551 01:22:04,333 --> 01:22:06,208 pero Harry parou de saltar, 1552 01:22:06,291 --> 01:22:08,000 mirou o colchón e berrou… 1553 01:22:08,083 --> 01:22:08,916 Non está! 1554 01:22:09,000 --> 01:22:11,583 O Dr. Ganderbai ergueuse e mirou a Harry. 1555 01:22:11,666 --> 01:22:13,791 Harry estaba ben. Non o picara. 1556 01:22:13,875 --> 01:22:17,208 Non o ía picar nin ía morrer. Estaba todo ben. 1557 01:22:17,708 --> 01:22:18,583 Máis ou menos. 1558 01:22:19,625 --> 01:22:21,333 Se cadra soñouno, Sr. Pope. 1559 01:22:30,416 --> 01:22:34,125 Pola maneira de dicilo, sabía que non quería burlarse del. 1560 01:22:34,208 --> 01:22:36,416 Era unha broma trala extrema tensión. 1561 01:22:36,500 --> 01:22:39,083 Harry non o tomou así. Seguía alí de pé, 1562 01:22:39,166 --> 01:22:41,958 mirando a Ganderbai. Comezou a pórse encarnado. 1563 01:22:42,041 --> 01:22:44,291 Estame chamando mentireiro? 1564 01:22:47,083 --> 01:22:49,500 Ganderbai non se moveu, mirando a Harry. 1565 01:22:49,583 --> 01:22:52,791 Harry deu un paso adiante. Brillábanlle os ollos. 1566 01:22:53,958 --> 01:22:57,458 - Puto bengalí de merda. - "Cala, Harry", dixen. 1567 01:22:57,541 --> 01:22:59,791 - Moreno de merda… - Cala! 1568 01:22:59,875 --> 01:23:01,333 - Casta atrasada… - Cala! 1569 01:23:01,416 --> 01:23:02,291 Abonda! 1570 01:23:05,708 --> 01:23:08,416 Ganderbai saíu. Seguino ata a entrada. 1571 01:23:08,500 --> 01:23:10,583 Está fóra de si, non sabe o que di. 1572 01:23:10,666 --> 01:23:14,041 Baixamos as escaleiras e fomos ao Morris Motors do médico. 1573 01:23:14,125 --> 01:23:14,958 XUTE BRITÁNICO 1574 01:23:15,041 --> 01:23:17,625 Entrou no coche. "Fixo un milagre", dixen. 1575 01:23:17,708 --> 01:23:19,916 - Salvoulle a vida. - Non o creo. 1576 01:23:20,000 --> 01:23:22,750 Vostede podía… El débelle a vida. 1577 01:23:22,833 --> 01:23:25,333 - Débelle a vida, doutor. - Non tal. 1578 01:23:28,208 --> 01:23:29,125 Síntoo moito. 1579 01:23:30,625 --> 01:23:31,666 Non ten por que. 1580 01:23:38,916 --> 01:23:41,416 O Dr. Ganderbai acendeu o motor e arrancou. 1581 01:23:54,500 --> 01:23:57,916 Dahl comezou a escribir Poison en xaneiro de 1950. 1582 01:23:58,000 --> 01:24:00,041 Púxolle nome ao personaxe Woods 1583 01:24:00,125 --> 01:24:05,083 en homenaxe a un compañeiro piloto da forza aérea morto na batalla de Atenas. 1584 01:24:24,833 --> 01:24:28,583 Estas son as calidades que tes que posuír ou intentar acadar 1585 01:24:28,708 --> 01:24:31,041 se queres ser escritor de ficción. 1586 01:24:32,416 --> 01:24:34,666 Tes que ter unha imaxinación vívida. 1587 01:24:36,208 --> 01:24:38,125 Tes que saber escribir ben. 1588 01:24:38,250 --> 01:24:41,500 Iso significa que as túas escenas deben cobra vida 1589 01:24:41,958 --> 01:24:43,041 na mente do lector. 1590 01:24:43,375 --> 01:24:45,208 Non todo o mundo ten esa habilidade. 1591 01:24:45,416 --> 01:24:46,500 É un don. 1592 01:24:47,250 --> 01:24:49,583 É algo que tes ou non tes. 1593 01:24:50,083 --> 01:24:52,333 Tes que ter resistencia, noutras palabras, 1594 01:24:52,791 --> 01:24:55,250 tes que seguir co que estás, 1595 01:24:55,458 --> 01:24:56,958 sen nunca te render. 1596 01:24:57,416 --> 01:24:58,875 Hora tras hora, 1597 01:25:00,583 --> 01:25:02,083 día tras día, 1598 01:25:04,166 --> 01:25:05,666 semana tras semana, 1599 01:25:07,291 --> 01:25:09,083 mes tras mes, 1600 01:25:10,500 --> 01:25:12,541 ano tras ano, 1601 01:25:13,458 --> 01:25:14,416 tras ano. 1602 01:25:15,625 --> 01:25:17,625 Tes que ser perfeccionista. 1603 01:25:18,333 --> 01:25:21,333 Iso significa non quedar nunca satisfeito co que escribiches 1604 01:25:21,458 --> 01:25:23,416 ata que o escribas outra vez 1605 01:25:23,750 --> 01:25:26,875 e outra vez e o deixes o mellor posible. 1606 01:25:27,500 --> 01:25:29,333 Tes que ser moi disciplinado. 1607 01:25:29,708 --> 01:25:31,041 Traballas só. 1608 01:25:31,333 --> 01:25:32,833 Non tes xefe. 1609 01:25:33,708 --> 01:25:37,000 Non haberá ninguén para te despedir se non vas traballar. 1610 01:25:37,583 --> 01:25:40,583 Nin para che dar un aviso se zangoneas. 1611 01:25:41,000 --> 01:25:43,750 Axuda moito ter sentido do humor. 1612 01:25:44,125 --> 01:25:46,541 Non é imprescindible se escribes para adultos, 1613 01:25:46,916 --> 01:25:49,166 pero para cativos é vital. 1614 01:25:53,958 --> 01:25:56,208 Tes que ser humilde. 1615 01:25:58,208 --> 01:26:00,666 O escritor que pensa que a súa obra é marabillosa 1616 01:26:01,750 --> 01:26:03,500 leva mal camiño. 1617 01:26:15,041 --> 01:26:20,041 Subtítulos: Manuel Puga Moruxa